Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno consolida con 4,6 millóns a carreira de dúas ducias de investigadores en centros de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno consolida con 4,6 millóns a carreira de dúas ducias de investigadores en centros de Galicia

S. P.
Publicado: 03/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_ciencia.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou este 3 de febreiro a concesión de 4,6 millóns de euros por parte do Ministerio de Ciencia (Axencia Estatal de Investigación) para consolidar a carreira de 24 investigadores e investigadoras de centros públicos de I+D+i en Galicia. Blanco dixo que esta achega “constata o firme compromiso do Gobierno de España coa creación de máis e mellores oportunidades para que científicos e científicas poidan traballar no noso país”.
O delegado detallou que o programa Consolidación Investigadora naceu co obxectivo de incentivar a creación de prazas permanentes e facilitar o inicio ou o afianzamento dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i. Sinalou que este importe tamén servirá para mellorar e renovar os espazos e laboratorios e para a mellora do equipamento científico.
En total, serán cinco entidades en Galicia as que se verán mellorada o seu persoal investigador a través deste programa: as universidades da Coruña, Santiago e Vigo; o CSIC-Galicia e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.
A entidade que recibe máis axudas para persoal investigador é a Universidade de Santiago, con preto de 2,7 millóns de euros para consolidar a carreira de 15 persoas nos seguintes centros: Facultade de Bioloxía, Facultade de Química, Facultade de Física, Facultade de Xeografía e Historia, Facultade de Ciencias de Lugo, Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, e os centros CIQUS, CIMUS e CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes). Séguelle a Universidade de Vigo, que alcanza 576.455 euros para consolidar a carreira de persoal investigador nas facultades de Ciencias de Vigo e de Ourense e na Escola Superior de Enxeñeiros de Minas. O CSIC Galicia poderá impulsar a carreira de tres investigadores e investigadores na Misión Biolóxica de Galicia e no Instituto de Ciencias do Patrimonio, a través dunha axuda de 516.651 euros.
As seguintes entidades en alcanzar financiamento son a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (dúas axudas por valor de 399.854 euros) e a Universidade da Coruña, que alcanza 199.840 euros para un profesional investigador destinado no CICA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?