Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orgullo Galego organiza en febreiro a 4ª edición das súas xornadas en liña sobre o Entroido
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orgullo Galego organiza en febreiro a 4ª edición das súas xornadas en liña sobre o Entroido

S. P.
Publicado: 04/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

orgullo_galego.jpgA canle Orgullo Galego inicia este mércores 5 de febreiro as súas cuartas Xornadas de Entroido, organizada pola comunidade en liña con vontade de chegar á máxima cantidade de audiencia a través das redes. Segundo informan, as xornadas serán emitidas nas canles de YouTube e Twitch de Orgullo Galego e posteriormente ficarán subidas en formato podcast en Ivoox e Spotify, podendo tamén desfrutar do vídeo-podcast en YouYube.
Nas anteriores xornadas, que tamén están subidas á Rede, as e os integrantes da comunidade contaron cunha manchea de entroidos coma o de Laza, Viana do Bolo, Manzaneda, A Xironda, Bande, Vigo, Muros, Vilariño de Conso, Samede, etc. e con figuras destacables como os antropólogos Rafael Quintía e Lidia Mariño ou o investigador Antonio Reigosa.
orgullo_galego_cartel_xornadas_de_entroido.jpgNestas novas xornadas combinarán de novo a presenza de representantes de diversos entroidos con persoas que axudarán na análise das cuestións máis concretas do ciclo de Entroido. As xornadas comezarán este mércores día 5 con Ismael Pato Pérez, unha das persoas responsables na recuperación dos Currumiños de Mos e participante activo dese entroido.
As xornadas continuarán na vindeira semana con Manuel Suárez da Asociación Cultural Entroido de Aguasantas en Cotobade. Contarán tamén con Noa Sobrino, peliqueira de Laza e filóloga que levou adiante unha investigación sobre as figuras tradicionais do Entroido e os estereotipos de xénero. Polas sesión pasarán tamén Xesús Afonso Parada, veciño do Courel e Rochi Novoa, presidenta da Asociación O Sobradelo do Tarangaño que falará sobre os Farrumecos de Sobradelo.
As xornadas estenderanse ata finais de mes, onde contarán con Anxo Rosales para falar do significado e do carácter simbólico do porco no entroido e na cultura galega e con Felipe Castro, quen achegará ao significado e orixes da mascarada do Oso de Salcedo.
“O obxectivo destas xornadas é coñecer o o significado e o valor cultural e antropolóxico destes entroidos e en xeral do Entroido, un dos maiores fenómenos culturais da nosa cultura”, indica Borxa González de Orgullo Galego, que engade que “queremos poñer en valor a eses milleiros de persoas que traballan na súa zona para manter viva a nosa identidade e as nosas tradicións”.
Orgullo Galego é unha comunidade en redes en lingua galega que naceu no ano 2016 e que ten como obxectivo transversal divulgar a lingua, cultura, tradicións e tamén a actualidade de Galicia. Hoxe é unha comunidade consolidada con medio millón de seareiros e seareiras nas redes sociais por todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?