Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia con mancheas de actividades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo celebra o Día da Muller e da Nena na Ciencia con mancheas de actividades

S. P.
Publicado: 05/02/2025
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

uvigo_carrousel11f_ok-1024x576.jpgA Universidade de Vigo xa ten todo preparado para a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, este 11 de febreiro. Haberá actividades (obradoiros, feiras, charlas, premios e mostras) por toda Galicia e tamén sesións abeiradas aos programas Elas Fan CienTec, no Campus de Vigo, e eXXperimenta en Feminino, no de Ourense. Trátase de dar a coñecer a ciencia que día a día se realiza na UVigo, pondo en valor o talento e traballo das súas investigadoras, achegando referentes femininos no campo da I+D e incentivando as vocacións científicas nas novas xeracións.
O programa de actividades está impulsado polas propias docentes e investigadoras, os centros de investigación, escolas e facultades, a Unidade de Igualdade e a Unidade de Cultura Científica e da Innovación, en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades).
Obradoiros Elas Fan CienTec
Os obradoiros Elas Fan CienTec, que este ano acadan xa a súa novena edición, serán o martes 11. Alumnas de catro institutos da provincia de Pontevedra visitarán varios centros de investigación e escolas do campus para coñecer o traballo que as investigadoras levan a cabo nos seus laboratorios.
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, recibirá a visita dun grupo de alumnas do IES Santa Irene de Vigo que poderán escoller entre sete obradoiros, incluíndo xogos de rol sobre as doenzas raras, preparación de nanopartículas de ouro ou simulación de encapsulación de fármacos. No caso da Escola de Enxeñería Industrial, alumnas do IES Monte Carrasco (Cangas) converteranse en entrevistadoras por un día para coñecer de preto as enxeñeiras que traballan nesta escola.
Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía un grupo de alumnas do IES Ricardo Mella competirán, entre outras actividades, por construír o muro de terra armada máis resistente. Por último, as estudantes do IES Castelao visitarán a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para realizar dende unha sesión de detectives de imaxes ata unha clase de robótica con CuteBot.
eXXperimenta en Feminino, o venres 14 en Ourense
O outro prato forte da celebración do 11F na UVigo é a feira divulgativa eXXperimenta en Feminino. VIII Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, que desta volta celebrarase o venres 14 de 09.00 a 18.00 horas no edificio Politécnico e arredores.
Aberta a alumnado de toda a provincia e ao público xeral, as persoas participantes poderán achegarse a 13 postos diferentes para facer multitude de experimentos e coñecer as titulacións STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) que se imparten no Campus de Ourense.
Todas somos ciencia, este venres día 7 no Marco
uvigo_11f-a.jpg Como antesala de todas estas actividades desde o CINBIO organizaron para este venres día 7 no museo Marco de Vigo o coloquio Todas somos ciencia, unha actividade coorganizada coa SEBBM, Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, á que asistirán preto dun cento de alumnas e alumnos de 5º e 6 de primaria do CPI da Ribeira, en Porriño, e do colexio internacional O Castro, de Vigo.
Será de 10.00 h a 12.00 h e intervirán diferentes científicas do centro (María Mayán, Verónica Salgueiriño, Begoña Puértolas, Margarita Vázquez…), así como Guadalupe Sabio, directora dun grupo de investigación do Centro Nacional de Investigacións Oncológicas, CNIO.
Entrega de premios no CIM o luns 10
No caso do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM, elixiu a véspera do 11F, o luns 10, para celebrar a entrega dos premios da segunda edición do Concurso Marie Tharp. Dirixidos a mulleres investigadoras de pre e posdoutoramento do centro que quixesen contar o seu traballo nunha peza audiovisual dun minuto de duración, a entrega de galardóns será ás 13.00 h no novo salón de grados do edificio de Ciencias Experimentais.
Charla interxeracional o xoves 20 en Ourense
Avanzando xa no mes de febreiro, a UCC+i, en colaboración coa Unidade de Igualdade, organizou para o xoves 20 un faladoiro no Campus de Ourense, unha charla na que catro investigadoras de diferentes xeracións compartirán as súas experiencias como mulleres na ciencia. Será ás 11.00 horas no salón de graos da Facultade de Educación e Traballo Social (edificio de facultades, andar 4ª), con acceso libre ata completar a capacidade. Participarán Ana Gil Iglesias, investigadora predoutoral nos efectos da exposición forestal no sistema nervioso autónomo; Andrea Mouriño Schick, investigadora posdoutoral centrada no estudo das narrativas de xénero na Prehistoria e a súa transferencia; Nieves Lorenzo, catedrática da área de Física da Terra e actual directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; e María Lameiras, catedrática na área de Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos no ámbito dos Estudos de Xénero e Sexualidade. Moderará o debate Yolanda Rodríguez, nova directora da Unidade de Igualdade da UVigo.
Exposición Mulleres investigadoras no CINTECX todo o mes
Ao longo de todo este mes pode visitarse tamén no Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, CINTECX, a exposición Mulleres investigadoras Cintecx 2025, inaugurada a pasada semana, na que se poden ver os carteis coas ilustracións das investigadoras do calendario 2025 do centro, 12 láminas nas que se pon en valor o traballo de 12 das súas enxeñeiras e, en xeral, o traballo da muller na investigación. Coincidindo coa inauguración da mostra celebrouse tamén unha mesa redonda con participantes de distintos ámbitos sobre mulleres na investigación.
Charlas e actividades en escolas e institutos de toda Galicia
As celebracións espállanse tamén por escolas e institutos de toda Galicia con charlas e obradoiros impartidos por máis de medio cento de investigadoras da UVigo sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Serán ao longo de todo o mes de xaneiro.
Así mesmo, dende a Unidade de Igualdade, enviaron aos 88 centros de secundaria da provincia de Pontevedra unha mostra do proxecto Bravxs que se leva a cabo a través da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo. Esta iniciativa, ilustrada por Marta Riera, recolle figuras destacadas en ámbitos de coñecemento diversos para ofrecer referentes femininas e recoñecer as achegas das mulleres á investigación e á innovación científica. No envío xuntouse un folleto divulgativo cos resultados das primeiras cinco edicións da convocatoria de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo.
Concurso creación artística
A maiores, no Campus de Ourense, a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, celebrou tamén o xa tradicionalcConcurso escolar de creación artística polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dirixido a alumnado de primaria (a partir de 3º) e secundaria. O prazo para presentar os traballos rematou o pasado 25 de xaneiro e a entrega de premios levarase a cabo nun acto especial nunha data aínda por determinar ao longo deste mes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?