Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os límites éticos da IA, a debate en marzo no Campus Industrial de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os límites éticos da IA, a debate en marzo no Campus Industrial de Ferrol

S. P.
Publicado: 05/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O  catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González
O catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá o vindeiro mes de marzo (os días 13 e 14), as xornadas sobre Intelixencia Artificial: Análise da Racionalidade e Reflexións Éticas que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía (CIFCYT) da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Sociedade de Lóxica, Metodoloxía e Filosofía da Ciencia en España, baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González.
Entre os relatores convidados a participar nestas xornadas figuran o catedrático de Ciencia Cognitiva do Rensselaer Polytechnic Institute de New York (EE.UU), Ron Sun; o catedrático de Filosofía e Ciencias da Computación da Escola de Finanzas e Xestión de Fráncfort (Alemaña), Gregory Wheeler; o catedrático de Ética Empresarial e director do Instituto de Ética en Intelixencia Artificial da Technical University of Munich (Alemaña), Christoph Lütge; a profesora da Facultade de Biomédicas da University of West London (Reino Unido), Paula Boddington; o catedrático de Humanidades da University of Florida (EE.UU), Cameron Buckner; e o profesor do Centro para Estudos da Ciencia da Aarhus Univesity (Dinamarca), Rune Nyrup.
As persoas interesadas en participar neste evento que se enmarca dentro das XXX Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a jornadas.filosofia.ciencia@udc.es ou ben chamar ao 881 01 3814 antes das 14:00 horas do venres 21 de febreiro. O prezo da matrícula oscila entre os 40 e os 80 euros, dependendo de se a persoa inscrita pertence á comunidade universitaria ou ao ámbito profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?