Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEMXA desenvolverá xogos e unha plataforma de elearning para incrementar a seguridade no mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEMXA desenvolverá xogos e unha plataforma de elearning para incrementar a seguridade no mar

S. P.
Publicado: 06/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

femxa_e_arvi.jpgRecentemente presentouse en Utrecht (Países Baixos) o proxecto europeo STARFISH (Strategic Trainer Alliance for Responsible FISHing, destinado a modernizar a formación básica en seguridade do sector pesqueiro e aumentar a protección dos traballadores a bordo. O proxecto, financiado por Erasmus da Unión Europea, conta con socios de diferentes países europeos: ProSea Marine Education (Países Baixos), Europêche (Bélxica), Centre Européen de Formation Continue Maritime (Francia). Por parte de Españan, participan o grupo galego FEMXA e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI), que achegan a este proxecto a súa experiencia e coñecemento en materia de formación en seguridade marítima e medio ambiente.
A función de ARVI será coordinar os pilotos que se realizarán nos tres países participantes, entre eles realizarase tamén un en Vigo. Crearase para iso un contido específico adaptado á normativa actual, con pílulas formativas denominadas bubbles que farán do curso unha aprendizaxe directa, actualizada e interactiva.
Pola súa banda, FEMXA, como empresa especializada en formación e dixitalización educativa, achegará a súa experiencia no desenvolvemento de contidos innovadores e plataformas de aprendizaxe adaptadas ás necesidades do sector pesqueiro. En concreto, utilizando metodoloxías innovadoras, desenvolverá xogos educativos e unha plataforma de elearning con contidos formativos sobre seguridade e sustentabilidade aplicados ao sector pesqueiro de acordo co STCW-F.
Estas ferramentas permitirán aos profesionais aprender de maneira interactiva e dinámica, facendo o proceso educativo máis atractivo e efectivo. Desta maneira, o proxecto ofrecerá solucións formativas dispoñibles desde un dispositivo móbil, onde se poderán descargar os contidos para poder usalos cando os pescadores e pescadoras queiran sen estar limitados pola conectividade.
Patricia García, presidenta institucional de FEMXA explicou que “estamos encantados de participar neste novo reto de modernizar as formacións nun sector ao que estamos tan vinculados. Facer que a formación esencial sexa accesible, atractiva e adecuada para a era dixital forma parte do ADN do noso grupo; traballaremos en ofrecer unha metodoloxía diferente á tradicional das clases presenciais, permitindo que os profesionais do sector poidan consultar este material cando e desde onde queiran, mesmo desde alta mar e sen conexión a Internet”.
Pola súa banda, Edelmiro Ulloa, xerente de ARVI, sinalou que “o obxectivo que perseguimos con este proxecto é a mellora na seguridade no sector pesqueiro, entendida esta de unha maneira global. Sabemos que apostar a modernización na formación dos traballadores vinculados ao sector, facéndoa máis atractiva, contribuirá á mellora da protección non só das nosas tripulacións e buques, senón tamén do medio ambiente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?