Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo da Catedral de Santiago pon na Rede o fondo fotográfico de José Limia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo da Catedral de Santiago pon na Rede o fondo fotográfico de José Limia

S. P.
Publicado: 06/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

catedral_de_santiago_limia.jpgDesde estes xoves 6 de febreiro é posible consultar no catálogo online do Arquivo da Catedral de Santiago o fondo fotográfico do sacerdote José Limia Rodríguez, constituído por un total de 193 negativos en placas de vidro realizadas entre 1894 e 1910, que chegaron ao arquivo por doazón de Anxo Porto Anido e que foron restaurados, dixitalizados e catalogados polo fotohistoriador Carlos Castelao no ano 2023 grazas a unha axuda económica da Dirección Xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Segundo informaron dende o Arquivo da Catedral, “atopámonos ante un dos conxuntos de negativos fotográficos en placas de vidro en mans dunha institución máis importante de Galicia na súa tipoloxía, isto é, daquelas producidas dentro do ámbito da fotografía de afeccionados entre finais do século XIX e principios do século XX”.
Un dos aspectos máis destacados é que as fotografías de Limia foron empregadas profusamente polo historiador e cóengo Antonio López Ferreiro para ilustrar a súa obra. En canto aos intereses temáticos que manifesta, hai sobre todo fotografía urbana (monumental e panorámica) e rural (monumental e paisaxística), pero tamén de eventos, ornamentación litúrxica, tapices e bordados, pintura e debuxo, escultura, ourivaría e artes decorativas, e, por fin, documentaria.
En canto ao ámbito xeográfico das tomas, ao redor dun 60% recollen aspectos relacionados con Santiago de Compostela, pero tamén con Padrón, Pontecesures, Betanzos, Brión, Caldas de Reis, Muros, Noia, Outes, Silleda (Carboeiro), Tui, Val do Dubra (Portomouro) e Vilagarcía de Arousa.
A este conxunto sumáronse recentemente outros 61 negativos do propio Limia que chegaron ao arquivo por vía de depósito en novembro do ano pasado, pertencentes á familia Lorenzo Sueiro, e que serán oportunamente tratados co obxectivo de incorporalos ao catálogo online, así como de realizar un estudo e unha exposición no futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?