Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo incorpórase ao Centro de Operacións de Ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo incorpórase ao Centro de Operacións de Ciberseguridade

S. P.
Publicado: 10/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_pilar_garcia_porto_070225_xunta_de_goberno.jpgA xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou a adhesión da institución provincial ao Centro de Operacións de Ciberseguridade para Entidades Locais (COS) da Secretaría Xeral de Administración Dixital do Goberno de España. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen explicou que con este paso “seguimos a avanzar na nosa aposta pola modernización e transformación dixital desta Deputación e dos Concellos da provincia, neste caso no ámbito da ciberseguridade”.
Explicou a voceira socialista que este servizo COCS, compartido e de prestación centralizada, ofrece protección avanzada e solucións especializadas en seguridade da información e das comunicacións, mellorando de forma significativa a protección dos servizos públicos fronte ás ameazas cibernéticas. Está financiado pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cun orzamento de 70 millóns de euros.
“O obxectivo desta adhesión é reforzar, mellorar e complementar a ciberseguridade tanto da propia institución como dos concellos da provincia con menos de 50.000 habitantes, sen que iso supoña ningún custe para a Deputación ou para as entidades locais”, subliñou Pilar García Porto, quen engadiu que “a seguridade tecnolóxica é unha parte transversal da institución, protexendo a información sensible e os datos persoais que manexamos no día a día”.
Este Centro de Ciberseguridade (COCS) mellorará as competencias en diferentes cuestións no ámbito dixital como son a prevención e detección de incidentes; a análise de vulnerabilidades e seguridade, protección en servizos como a navegación ou correo electrónico, a xestión de respostas ante incidentes, a capacitación, asesoramento e monitoraxe.
Esta medida complementa a outras accións que temos en marcha desde a Deputación, como é o caso da oficina técnica de seguridade da información, cun orzamento de 300.000€, ou a adhesión a Ciber.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?