Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e o Grupo Oesía estudan novas colaboracións no eido das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e o Grupo Oesía estudan novas colaboracións no eido das Telecomunicacións

S. P.
Publicado: 10/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oesia1.jpgA pasada semana a Universidade de Vigo e o Grupo Oesía mantiñan un encontro no campus para estudar novas liñas de colaboración co persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e do centro de investigación atlanTTic. Presentáronse as diversas áreas de interese común, co obxectivo de explorar novas oportunidades de colaboración e continuar impulsando a investigación, a innovación e o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas avanzadas.
Arestora as dúas entidades manteñen unha estreita colaboración a través da Cátedra Oesía, posta en marcha en setembro de 2024 e que ten como finalidade fomentar actividades de formación e investigación en eidos relacionados coas tecnoloxías da información e a enxeñaría electrónica, con especial atención a sectores estratéxicos como o aeroespacial, a seguridade e a defensa.
Indo á xuntanza, dicir que estivo encamiñada a analizar novas canles de colaboración, participaron representantes das dúas entidades, entre eles, Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo; os profesores Ana Vázquez e Óscar Rubiños, directores da Cátedra Oesía e investigadores de atlanTTic; Luís Álvarez Sabucedo, subdirector de atlanTTic; Patricia Argerey, directora de Tecnoloxía do Grupo Oesía; María Graña, directora de Innovación e Tecnoloxía de Inster; Pascual García, director xeral da Fundación Oesía; Miguel Ángel Piqueras, director de Tecnoloxía de Fotónica e Espazo de Tecnobit, e Santiago Simón, xefe de área de Fotónica da Dirección de Espazo e Tecnoloxías Fotónicas de Tecnobit.
oesia3.jpgEngadir que nesta visita ao campus de Vigo os representantes do Grupo Oesía tamén tiveron ocasión de visitar algúns dos laboratorios de atlanTTic, como o Laboratorio de Medidas Radioeléctricas, o Laboratorio de fotónica, QOPHI (Quantum, Communication, Photonics & Integration) e o Vigo Quantum Communication Center, onde puideron coñecer de primeira man os equipamentos do centro. Asemade, mantiveron conversas con algúns investigadores e investigadoras para afondar nos proxectos nos que están inmersos.
Alén disto, organizouse unha charla dirixida a estudantes, no marco do programa Intégrate, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, a cargo de Miguel Ángel Piqueras. Na súa intervención, Piqueras expuxo as principais aplicacións e vantaxes das tecnoloxías fotónica e cuántica nos satélites de comunicacións, salientando o seu impacto en áreas clave como as comunicacións ópticas entre satélites ou o procesado de sinal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?