Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic colabora nun proxecto europeo para garantir comunicacións ciberseguras no espazo libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic colabora nun proxecto europeo para garantir comunicacións ciberseguras no espazo libre

S. P.
Publicado: 11/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_optimas-1-1024x768.jpgOPTIMAS, proxecto europeo no que colabora a Universidade de Vigo a través do centro atlanTTic, e liderado por Monodon de Navantia, iniciou esta tempada a súa andaina co obxectivo de desenvolver un sistema avanzado de comunicacións ópticas en espazo libre para aplicacións de defensa multidominio.
Segundo explica atlanTTIc, trátase “dun ambicioso proxecto que busca proporcionar comunicacións de transferencia de datos de alta velocidade cun nivel de seguridade excepcional, integrando tecnoloxías de cifrado de última xeración, como a distribución de claves cuánticas (QKD)”. Engade o centro da UVigo que OPTIMAS “marcará un fito no desenvolvemento de sistemas de comunicación láser aerotransportados, proporcionando comunicacións seguras e de alta velocidade”.
Está deseñado para operar en constelacións de satélites con aplicacións para unidades espaciais, aéreas (drons), navais e terrestres.
O demostrador final do proxecto centrarase en lograr comunicacións ópticas bidireccionais, seguras e de alta velocidade. Este demostrador, explica o centro da UVigo, “permitirá capacidades avanzadas de apuntamento, adquisición e seguimento de satélites en órbitas terrestres baixas (low Earth orbits, LEO)” e “ampliará o alcance as posibilidades do sistema coa exploración das aplicacións en órbitas medidas e xeoestacionarias (geostationary orbits, GEO)”.
OPTIMAS xunta un consorcio europeo formado por 12 entidades de 7 países, das cales media ducia son organizacións españolas. O papel do Grupo de Investigación en Tecnoloxías Aeroespaciais do Centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo no proxecto OPTIMAS será decisivo para “establecer as bases técnicas do proxecto, definindo as expectativas operativas xerais do sistema, os casos de uso, os compoñentes básicos e os requisitos para a solución multidominio de OPTIMAS”. Este traballo incluirá unha análise e definición de requisitos que servirán como base para as fases posteriores do proxecto, permitindo o desenvolvemento de capacidades adicionais, como a integración de distribución de claves cuánticas (Quantum Key Distribution, QKD) e fotónica integrada (Photonic Integrated Circuits, PIC), así como a implementación do sistema en segmento espazo, aéreo (drons), e naval.
optimas-2-1024x682.jpgO Grupo de Investigación en Tecnoloxías Aeroespaciais xogará pois un papel determinante en garantir que o sistema sexa tecnicamente viable, operativamente efectivo e sostible dende o punto de vista económico.
O proxecto desenvólvese no marco do programa de traballo 2023 do Fondo Europeo de Defensa (EDF – European Défense Fund), consolidando a cooperación internacional en innovación tecnolóxica para a defensa.
Baixo a coordinación de Monodon de Navantia, participan como socios españois, xunto á Universidade de Vigo, o Centro de Láseres Pulsados, CLPU, Tecnobit-Grupo Oesía, o Instituto de Astrofísica de Canarias e o grupo Sener. A participación internacional está conformada por Cailabs (Francia), GMVIS Skysoft SA (Portugal), Mbryonics Limited (Irlanda), Odysseus Space SA (Luxemburgo), Reflex Aerospace GMBH (Alemaña) e Schiebel Elektronische Geraete GMBH (Austria).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?