Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG elixe á enxeñeira informática e influencer Ale Lugilde para promover as vocacións tecnolóxicas femininas no 11F
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG elixe á enxeñeira informática e influencer Ale Lugilde para promover as vocacións tecnolóxicas femininas no 11F

S. P.
Publicado: 11/02/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

simbeli.jpg Hoxe celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e con este motivo o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) lanza unha campaña de concienciación para que as estudantes femininas opten por cursar carreiras das áreas STEM, concretamente, a rama da enxeñería informática, e eliminar as brechas e desigualdades de xénero no eido científico. Emporiso, a finalidade deste día é visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), creando así referentes femininos para a infancia, que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais.
Desta volta o CPEIG elixiu como referente feminino ao caso da enxeñeira informática e influencer lucense Ale Lugilde. Amais da súa carreira profesional ligada á informática, Ale é unha streamer e influencer con gran presenza en Tik Tok, onde ten 1,5 millóns de seguidores; Instagram, con 474.000 seguidores e seguidoras; e YouTube cunha canle con 794.000 subscricións. Nas redes sociais é coñecida como Simbeli (@simbeli_) e publica sketches humorísticos onde fai gala da retranca galega, cun humor absurdo e intelixente, moitas veces ela mesma caracterizada nos vídeos de diferentes personaxes ficticios.
Ale Lugilde ten ampla experiencia no desenvolvemento de software, arquitectura de solucións e liderado de proxectos tecnolóxicos. Está especializada na modernización de plataformas na nube e na implementación de estratexias de optimización para equipos técnicos. É unha apaixonada da innovación, a mentoría e a creación de iniciativas que impulsan melloras en procesos e metodoloxías de traballo.
Para promover estas vocacións tecnolóxicas entre as estudantes máis novas, Simbeli protagoniza un vídeo nas redes sociais do CPEIG (Facebook, Twitter, Instagram e Linkedin) onde manda unha mensaxe a todas as persoas que “soñan con construír o futuro”. Na gravación aparece un dos personaxes de Simbeli, a bruxa, que tenta comprender o que é unha enxeñeira informática. “Utilizamos as matemáticas, a lóxica, a tecnoloxía e a creatividade para converter en realidade solucións e ideas. Ser creadora de contido mola, pero ser enxeñeira informática mola moitísimo máis” –asegura Ale Lugilde–.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez afirma que “espertar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres en idades temperás pode ser o mellor camiño para garantir que a poboación feminina se incorpore dunha maneira natural ao estudo das carreiras STEM e que xoguen un papel relevante nos sectores que están definindo as tendencias de futuro”. Tamén indicou que igual de importante é que todos os axentes do sistema educativo (pais, nais, titoras e titores, profesoras e profesores) estean implicados no proceso.
O presidente explica que é preciso incrementar o número de mozas que apostan polas carreiras STEM e finalizar dunha vez por todas cos estereotipos e os atrancos que impiden a igualdade no ámbito informático. “A profesión de enxeñería en informática en Galicia está aínda moi masculinizada, con apenas un 17 % de mulleres, datos que se trasladan ao mercado laboral en España onde practicamente nove de cada dez traballadores son homes, malia que, como sinala a Comisión Europea, acadar a paridade de homes e mulleres na industria dixital permitiría elevar o PIB da Unión Europea nuns 9.000 millóns de euros anuais”, sinala.
Para rematar, Fernando Suárez asegura que, malia os datos negativos, “a informática tamén é cousa de mulleres, e foron moitas as que xogaron un papel crucial durante décadas”, como a coñecida Ada Byron (filla do poeta Lord Byron), que pasou á historia como a primeira programadora e da que o CPEIG adoptou o nome para crear un premio pioneiro, a distinción Ada Byron da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia; Grace Murray Hopper, creadora do primeiro compilador; Anita Borg, fundadora do Instituto da Muller e a Tecnoloxía; Hedy Lamarr, estrela do Hollywood clásico e inventora do espectro ensanchado por salto de frecuencia que se emprega nos GPS, Bluetooth ou nas conexións Wi-Fi; a compostelá Ana María Prieto, primeira programadora galega e española; ou a ferrolá de adopción Ángela Ruiz Robles, creadora da enciclopedia mecánica que se considera o primeiro libro electrónico da historia.
Dende o CPEIG promoven estas vocacións tecnolóxicas entre as rapazas con programas e proxectos que incentivan a súa curiosidade en robótica, programación ou IA, así como xornadas para presentar experiencias profesionais de mulleres relevantes en sectores científicos e tecnolóxicos.
Tamén a presenza da muller é un punto a salientar na xunta de goberno do CPEIG, que conta con tres mulleres: a vicepresidenta, Susana Ladra, directora do Campus Innova da Universidade da Coruña (UDC); a vicetesoureira, Lorena Otero, profesora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Uvigo); e a vogal Pilar Vila Avendaño, directora executiva (CEO) da empresa Forensic & Security.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?