Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MasOrange e a Xunta levarán a rede 5G a case 250 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MasOrange e a Xunta levarán a rede 5G a case 250 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes

S. P.
Publicado: 11/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

r_masorange_xunta_xuntanza.jpgA directora xeral de Regulación, Asuntos Públicos e Sostibilidade de MasOrange, Luz Usamentiaga, e Alfredo Ramos, director de R e de MasOrange en Galicia, mantiveron un encontro con Juan Carlos Reboredo, secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia da Xunta de Galicia, para pór en común os avances na despregadura de redes 5G en Galicia no marco do programa de axudas Unico 5G – Redes Activas. Na xuntanza participou así mesmo Julián Cerviño, director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O devandito programa, cuxo obxectivo é a provisión de servizos de comunicacións móbiles con tecnoloxía 5G, está financiado polo Fondo de Recuperación da Unión Europea – NextGenerationEU dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.
Após a última convocatoria de Unico 5G – Redes Activas de finais de 2024, MasOrange foi a principal adxudicataria destas axudas en Galicia. Cun total de 70 millóns de euros de investimento ata finais de 2026, este proxecto de despregadura beneficiará preto de 250 municipios de menos de 10.000 habitantes nas catro provincias galegas. O plan contempla a realización de traballos nunhas 1.000 estacións móbiles, 100 das cales serán de nova construción.
Grazas a MasOrange, despois da despregadura das redes 5G do programa UNICO 5G-Redes activas preto do 100% da poboación estará conectada con 5G.
Tanto Luz Usamentiaga como Alfredo Ramos agradecéronlle á Xunta de Galicia a súa gran colaboración e apoio para a boa marcha da despregadura, que “permitirá axiña que a meirande parte da cidadanía e as empresas galegas conten coa conectividade móbil máis avanzada, tamén no medio rural”, sinalaron.
Así mesmo, os representantes de MasOrange informaron a Juan Carlos Reboredo que “a redución da fenda dixital na contorna rural é un dos grandes compromisos da compañía”, que ten ademais unha decidida aposta polo desenvolvemento socioeconómico e tecnolóxico de Galicia, con “R como
marca de referencia no territorio”. Este compromiso concretouse en máis de 2.300M€ de investimento acumulado ao longo de toda a traxectoria da compañía en Galicia, tal e como fixo saber o director executivo (CEO) de MasOrange, Meinrad Spenger, nunha recente visita institucional ao presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O compromiso de R e MasOrange con Galicia
A operadora galega lembrou que Galicia MasOrange é, a través de R, “a opción preferida por fogares e negocios no territorio e o operador con maior cobertura de banda larga da nosa Comunidade”. A súa rede de fibra chega a máis de 1,7 millóns de fogares nos 313 municipios galegos, onde pode gozar da súa alta velocidade case que o 100 % da poboación.
Ademais, R é a primeira operadora que dota a clientes sen fibra en Galicia dunha solución 5G converxente fixo e móbil en 224 municipios galegos a través do seu servizo Internet Rural. “Grazas a isto, aldeas do rural gozarán dos servizos de Internet de R do mesmo xeito que as capitais de provincia do territorio: máis un paso na redución da fenda dixital entre ambas as contornas”, engadiron fontes da operadora galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?