Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo celebra o 11F cunha nova e ateigada edición de Elas Fan CienTec
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo celebra o 11F cunha nova e ateigada edición de Elas Fan CienTec

S. P.
Publicado: 11/02/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

jai_cientec3.jpgA Universidade de Vigo volve sumarse á celebración do 11F, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, cun amplo programa de actividades. Este martes 11 de febreiro, precisamente, as grandes protagonistas foron as 168 alumnas de Ensino Secundario Obrigatorio que participaron nos diferentes obradoiros organizados para elas baixo a denominación Elas Fan CienTec, organizados polas científicas e as tecnólogas da Universidade de Vigo, coa colaboración da Unidade de Igualdade e a Unidade de Cultura Científica.
Na Escola de Enxeñaría Industrial
jai_enindustriais3.jpg Houbo actividades no Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, e nas tres escolas de enxeñaría no campus de Vigo. Na Escola de Enxeñaría Industrial foron recibidos pola vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, quen, xunto á subdirectora de Alumnado do centro, a enxeñeira Xanel Vecino, foron as encargadas de darlles a benvida.
No caso desta escola participaron nos obradoiros 43 alumnas do IES Monte Carrasco de Cangas. Alí a celebración do 11F coincidiu, ademais, cun dos eventos máis importantes que acolle a escola cada dous anos, as Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, JAI 2025, nas que participan máis de 2000 asistentes e onde se pode visitar un showroom con 40 expositores, un evento no que as alumnas puideron coñecer de preto varios exemplos de robots e autómatas e entrar en contacto directo coas principais firmas deste sector.
Ademais da visita á sala de demostracións, as estudantes canguesas participaron tamén en diferentes actividades nas que tiveron a oportunidade de escoitar de primeira man o testemuño de preto dunha vintena de profesoras e investigadoras da escola que lles contaron a grandes liñas en que consiste o seu traballo, descubrindo, desta maneira, que detrás dos grandes avances científicos hai moitas mulleres, “cheas de dedicación, paixón e talento”, que rompen barreiras e abren camiños para o futuro da ciencia.
“Se vos apetece facer unha enxeñaría non deixedes de facelo, non vos deixedes levar polo que dirán, por ideas erróneas como que é un ámbito de homes ou que non ides ser capaces”, recalcoulles a vicerreitora, xeóloga de formación e docente na Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, da que exerceu como directora.
Detectives de imaxes e robótica na EE de Telecomunicación
elas_fan_tec_enteleco2.jpg No caso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación recibiron a un grupo de case 60 alumnas do IES Castelao de Vigo. Divididas en dous equipos tiveron a oportunidade de visitar os laboratorio de Acústica e Procesado da Sinal e participar en dous obradoiros: Detectives de imaxes e Robótica con Cubesat. No primeiro explicóuselles como cada vez é máis frecuente atopar imaxes manipuladas que axudan a difundir información falsa por Internet e como o procesado destas imaxes pode axudar a albiscar máis alo do que ven os nosos ollos e, “con sorte” , atopar inconsistencias que axuden a diferenciar o que é real do que non.
No caso do obradoiro de Robótica con CuteBot as nenas recibiron unha clase na que aprender a programar, desde o máis simple ata o máis complexo, desde seguir unha liña e avanzar evitando obstáculos ata prender automaticamente as luces en función da luz ambiental.
Construtoras do muro máis resistente na EE de Minas e Enerxía
elas_fan_tec_enteleco4.jpg Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participaron nos obradoiros Elas Fan CienTec un grupo de 28 alumnas do IES Ricardo Mella. Divididas en grupos participaron en catro talleres: The Wall, The Science Games: catching fire, un taller de pinturas e minerais e un particular quebracabezas. The Wall consistiu nunha competición grupal para construír o muro de terra armada máis resistente, pero tamén The Science Games, unha xincana sobre os principais conceptos da combustión e as súas aplicacións, incluíndo unha parte máis interactiva con distintos experimentos. A maiores, no quebracabezas mineral-metal-aplicación o reto foi relacionar o mineral do que se extraen diferentes metais que logo se utilizan en aplicacións que lle son familiares no seu día a día.
Experimentando nos laboratorios do CINBIO
elas_fan_tec_enminas3.jpg Desde o ámbito científico, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, o CINBIO, abriu neste día as súas portas a un grupo de 38 alumnas de 3º e 4º da ESO do IES Santa Irene de Vigo, que puideron experimentar a través de oito obradoiros deseñados especificamente para elas.
Déronlles a benvida Margarita Vázquez e Begoña Puértolas, investigadoras que coordinan a actividade neste centro e, a partires de aí, comezou o percorrido polos laboratorios.
elas_fan_tec_cientec2.jpg No Laboratorio de Enfermidades Raras exerceron de detectives cromosómicas; en FunNano Bio, participaron na preparación de nanopartículas de ouro e a súa aplicación na detección de antíxenos mediante test rápidos; no de Nanomateriais Híbridos traballaron na síntese de nanopartículas magnéticas e na comprobación das sus propiedades, e en TeamNanoTech, achegáronse á simulación de encapsulación de fármacos.
Completaron o percorrido co grupo Biomimat + Física e Química de Materiais, onde comprobaron como a luz interactúa coa materia; co equipo CellCOM aprenderon a extraer ADN de froitas; con Neurocircutis descubriron neurocircuítos fantásticos e onde atopalos, e no taller CelulArte, practicaron o procesamento de tecidos e frotis de sangue.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?