Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC enxalza o impulso tecnolóxico ao benestar social no recoñecemento aos centros da Rede CIGUS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC enxalza o impulso tecnolóxico ao benestar social no recoñecemento aos centros da Rede CIGUS

S. P.
Publicado: 12/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acto-centros-red-cigus-1024x672.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC recibiu na mañá deste 11 de febreiro o recoñecemento como centro de investigación de excelencia da Rede CIGUS nun acto celebrado na Cidade da Cultura, no que tamén foron distinguidos outros centros envorcados nas novas tecnoloxías da información, como o CiTiUS (USC) ou atlanTTic (UVigo).
A rede CIGUS é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia para fortalecer a investigación de excelencia universitaria na comunidade. Actualmente, dez centros das tres universidades galegas forman parte desta rede, entre eles, o CITIC.
Manuel G. Penedo, director do CITIC agradeceu este recoñecemento en nome de todo o equipo, tanto do persoal investigador como de xestión, subliñando a relevancia da investigación tecnolóxica para o progreso social e económico de Galicia.
Na súa intervención, González Penedo destacou que o labor do CITIC “vai alén do desenvolvemento tecnolóxico, xa que contribúe directamente ao benestar social e á economía”. E engadiu: “Traballamos na busca de solucións para retos globais como a sustentabilidade, a eficiencia enerxética ou a xestión de emerxencias en situacións de catástrofe. Ademais, impulsamos proxectos no ámbito da inclusión social, facilitando o acceso global á información e reducindo a fenda dixital”, explicou, ao tempo que puxo o foco no compromiso do centro coa excelencia investigadora e coa colaboración con outras entidades de referencia en Galicia. Seguindo este fío, apelou á necesidade de que as institucións públicas “continúen apoiando e visibilizando o traballo dos centros de investigación, xa que a súa contribución é clave para consolidar un ecosistema de innovación sólido e competitivo”.
González Penedo fixo balance do camiño percorrido polo CITIC desde 2016, cando, xunto con outros centros de investigación, emprendeu unha traxectoria que representaba un desafío. “Foi un percorrido complexo, pero grazas ao esforzo constante e á colaboración de todos e todas, logramos sentar as bases para impulsar o desenvolvemento científico na vangarda do coñecemento”, afirmou.
Finalmente, quixo poñer en valor o esforzo do persoal investigador e de xestión do CITIC. “Nada disto sería unha realidade sen o compromiso do noso equipo e o apoio da Universidade da Coruña”, concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?