Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Castelao protagoniza a nova entrada da biografía dixital do Álbum de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Castelao protagoniza a nova entrada da biografía dixital do Álbum de Galicia

S. P.
Publicado: 12/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

retratocastelao.jpgA colección de biografías dixitais do Consello da Cultura Galega (CCG), Álbum de Galicia, vén de achegar unha nova entrada: Xenio e figura da nación galega, facendo alusión a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950).
Nesta entrada faise un percorrido sobre a biografía do senlleiro intelectual, artista plástico, escritor e dirixente político, ao que Henrique Monteagudo considera “un referente indiscutido do galeguismo e do nacionalismo, un clásico das letras galegas e unha das figuras máis representativas da Galicia contemporánea”.
A entrada elaborada por Henrique Monteagudo para o Álbum de Galicia con motivo do Ano Castelao fai un percorrido pola traxectoria vital do galeguista no que distingue tres etapas claramente marcadas.
Na primeira etapa, que vai desde o seu nacemento ata 1916, define a súa vocación: estuda Medicina pero refuga exercer como doutor para se adicar ao cultivo das artes plásticas. Explica Monteagudo que no comezo da universidade “destaca no rebuldeiro ambiente estudantil non tanto pola súa brillantez académica como polas súas caricaturas e a súa colaboración coa tuna”.
A segunda etapa, que Monteagudo chama O noso xenial artista, vai de 1917 ata 1930. Correspóndese co período no que Castelao está afincado en Pontevedra onde se compromete co galeguismo e co nacionalismo galego na súa condición de intelectual e artista. Integrado na vida social e cultural pontevedresa, “participou na fundación do Museo Provincial de Pontevedra (1927), co que se sentiu intimamente vencellado (ata o punto de legarlle a súa obra artística), e da Coral Polifónica (1928), coa que colaborou activamente, e da sociedade local de estudos Labor Gallega”.
Xa adherido ás Irmandades da Fala, Castelao afinca o seu compromiso co nacionalismo galego, ao mesmo tempo que desenvolve a súa carreira como debuxante e escritor. Segundo Monteagudo esta etapa sérvelle para concentrarse na produción artística, “non só por vocación persoal, senón tamén pola forza das circunstancias, pois a ditadura primorriverista (1923-1930) coutou a actividade política do galeguismo”. É o momento no que exerce como caricaturista, humorista gráfico e ilustrador de libros e revistas con incursións na escenografía e o cartelismo, sen abandonar a súa faceta como pintor. Neste período expón en varias ocasións, produce o Álbum Nós e as series de Cousas da vida, na que se achega á súa faceta como orador e ensaísta.
Na terceira e última etapa, que transcorre entre 1931 e 1950, Castelao sen abandonar o seu labor creativo, entrégase ao compromiso político, que o leva ás Cortes Constituíntes da II República (1931-1933); á dirección do Partido Galeguista (1932-1936); a formar parte das listaxes da Frente Popular, nas que foi novamente elixido deputado (1936); á defensa da República e do Estatuto durante a Guerra Civil, e, xa no exilio, á Presidencia do Consello de Galiza fundado por el mesmo en Bos Aires (1944) e a ocupar unha carteira ministerial no Goberno republicano en París (1946-1947).
Indo á nova entrada, dicir que está complementada con outras biografías elaboradas por diferentes autores que formaron parte de iniciativas anteriores de proxectos do CCG que se achegaron á figura poliédrica do intelectual con outros enfoques: o Álbum Nós, o Álbum da Ciencia, Álbum da Junta de Ampliación de Estudos e o Álbum da Emigración. Amais do texto biográfico, a entrada inclúe fotografías, ligazóns e outros materiais a salientar como o único rexistro sonoro coa voz de Castelao que se conserva.
Para achegarnos un pouco ao Álbum de Galicia, sinalar que é en xaneiro de 2020 cando o Consello da Cultura Galega presenta esta colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos eidos: a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa.
A idea é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. Para rematar dicir que arestora o Álbum de Galicia conta con máis de 760 entradas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?