Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O tecido lácteo galego enumera as transformacións do sector pola vía das ferramentas intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O tecido lácteo galego enumera as transformacións do sector pola vía das ferramentas intelixentes

S. P.
Publicado: 13/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mesa_redonda_smartz4milk_1_.jpgO sector lácteo galego está a día de hoxe mergullado nun proceso de transformación cara á dixitalización e a innovación como elementos clave para mellorar a sustentabilidade, a eficiencia e a competitividade. Mostrar algúns dos avances neste camiño a nivel galego foi un dos obxectivos da xornada O sector lácteo galego: innovación para un futuro sostible e competitivo, que reuniu este xoves 13 de febreiro a expertos e entidades relacionadas co sector en Santiago, para abordar as tendencias máis relevantes en tecnoloxía, dixitalización e automatización aplicadas ao sector.
Un dos puntos centrais do evento foi a mesa redonda sobre Cadea de Valor Láctea Intelixente, Trazable, Sostible e Conectada, moderada por César González, director executivo (CEO) de Medrar Smart Solutions, onde se analizou o impacto do proxecto SmartZ4Milk na modernización e dixitalización do sector. González lembrou como este proxecto tractor, promovido polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), está a impulsar avances clave “cara a unha produción láctea máis sostible e eficiente, mediante a integración de tecnoloxías avanzadas e a colaboración entre empresas lácteas e tecnolóxicas e centros de investigación”.
Durante a mesa, Manuel Lolo, CEO de AMSLab, destacou que Galicia conta con produtos lácteos moi ben posicionados e resaltou os avances nas tecnoloxías de identificación e cuantificación de compoñentes nos laboratorios. “Desenvolvemos un método para diferenciar o leite A1 e A2, o que permite protexer tanto os produtores como aos consumidores”, explicou. Ademais, subliñou o crecente interese do sector no etiquetado destes compoñentes e a importancia dos pasaportes para os produtos alimentarios.
Desde a firma tecnolóxica compostelá Plexus, Yago González, director de Innovación, sinalou os principais retos do sector lácteo, destacando o seu carácter tradicional e a necesidade de dixitalización. “Algunhas compañías avanzaron tecnoloxicamente, pero moitas pequenas empresas aínda operan de maneira tradicional”, engadindo que a clave é “estruturar os datos e dixitalizar documentos para mellorar a rastrexabilidade e a comunicación con clientes”. Ademais, identificou tres tecnoloxías fundamentais para o futuro do sector: a cadea de bloques (blockchain) para garantir a rastrexabilidade e transparencia dos produtos; a Intelixencia Artificial para predicir a demanda e optimizar a produción; e a ciberseguridade para protexer a información e os procesos dixitais.
Pola súa banda, Jesús García, director de operacións do Grupo Lence, compartiu a súa experiencia no proxecto, describíndoa como transformadora e cun gran impacto na empresa. “Aplicamos catro proxectos clave, incluíndo un sistema de seguimento que abrangue desde a gandería ata a distribución ao consumidor, dixitalizando todo o proceso nunha única plataforma”, explicou. Ademais, destacou os esforzos en eficiencia produtiva sen comprometer a calidade e seguridade, así como a súa aposta pola sustentabilidade na planta de produción e nas explotacións gandeiras.
A xornada organizada por CLUSAGA proporcionou unha plataforma para o intercambio de ideas e a identificación de novas oportunidades de colaboración. Ademais da mesa sobre SmartZ4Milk, celebráronse debates sobre solucións innovadoras para a rastrexabilidade e a valorización de subproductos, proxectos de dixitalización no sector lácteo e novos modelos de sustentabilidade aplicada.
O evento concluíu cunha sesión de networking, onde os asistentes puideron conectar con outros profesionais do sector, establecer sinerxías e explorar futuras liñas de colaboración para impulsar a innovación na industria láctea galega.
SmartZ4Milk é un proxecto tractor que busca mellorar a competitividade, a sustentabilidade e a rastrexabilidade do sector lácteo en Galicia mediante 18 proxectos primarios. Cun orzamento total de 16,8 millóns de euros e unha axuda de 9,7 millóns de euros, está financiado polo Ministerio de Industria e Turismo (MINTUR) e a Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU. Promovido por CLUSAGA e liderado por Grupo Lence, o proxecto executarase ata xuño de 2025. Participan empresas lácteas como CAPSA FOOD, Queizúar, Queixería Prestes, CLUN e Bico de Xeado, así como empresas tecnolóxicas como Plexus Tech, Sixtema, ASM Soft e Grupo AMSLab.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?