Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames entrega os diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames entrega os diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias

S. P.
Publicado: 13/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_dixitais_entrega_diplomas3.jpgA Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este mércores 12 de febreiro pola tarde o acto de entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. A continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, na que se abordaron as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade. Tamén se falou sobre diversas ferramentas e consellos para protexernos.
O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, foi o encargado da entrega dos diplomas dos cursos nos que participaron 25 persoas. Estas actividades estiveron organizadas pola aula AMTIC do Concello de Ames. A través de dita formación buscouse achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
ames_entrega_diplomas4-2.jpgO temario destes cursos de 25 horas abrangueu nocións de alfabetización informática, ofimática básica e mecanografía, xestión persoal na Internet (uso do correo electrónico, cita médica, banca online, declaración da renda, compras seguras pola internet, buscas fiables de información, etc) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos…).
As actividades impartíronse nos locais sociais de Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño. Os martes o curso impartiuse en Covas (en horario de 16:15 a 18:15 horas). En Augapesada a formación desenvolveuse os mércores (de 16:00 a 18:00 horas). O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas). Para rematar, os venres desenvolvéronse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
ames_entrega_diplomas5.jpgA continuación, ás 18.30 horas, impartiuse unha conferencia sobre ciberseguridade, a través da cal se impartiron nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da Internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos. Algúns dos temas que se abordaron en dita conferencia foron que é a ciberseguridade, a importancia da ciberseguridade, as principais ameazas que existen (malware, phishing, ransomware), as consecuencias dun ciberataque (perda de diñeiro, roubo de identidade, danos a reputación persoal ou profesional) e como nos poden atacar a través de suplantacións de identidade (phishing), das redes sociais ou accedendo a un servizo de Wi-Fi público.
ames_entrega_diplomas6.jpgAdemais, impartíronse consellos básicos para poder protexernos de ditos ataques (contrasinais seguras, autenticación en dus pasos, actualización de software, instalación de antivirus, coidado coas ligazóns e arquivos adxuntos); seguridade en dispositivos móbiles; e protección da privacidade en liña. Por último, fíxose un repaso dos puntos claves e achegáronse uns consellos finais. Tamén houbo tempo para facer preguntas e propor dúbidas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?