Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Chanfaina Lab estrea este sábado os filmes da súa 9ª edición e o Premio Bernardino de Lamas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Chanfaina Lab estrea este sábado os filmes da súa 9ª edición e o Premio Bernardino de Lamas

S. P.
Publicado: 14/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

chanfaina_lab-2.jpgA novena edición do Chanfaina Lab, iniciativa de contidos audiovisuais veciñais impulsada polo Concello de San Sadurniño, chega esta fin de semana a un dos seus puntos culminantes, coa gala deste sábado 15 de febreiro (a partir das 17.30 horas), na que se proxectarán “as exquisitas películas filmadas durante a primeira fin de semana do pasado mes de setembro”. O encontro audiovisual nacido en 2014 trae este ano un total de 24 pezas que se estrearán na cita deste sábado na Casa da Cultural, un evento conducido polo actor Fran Nogueira que arrancará coas presentacións das realizadoras e realizadores participantes para, deseguido, meterse na sesión continua de proxeccións.
Antes entregarase o Premio Bernardino de Lamas, que bota a andar nesta edición como recoñecemento á traxectoria daquelas persoas que teñan demostrado o seu compromiso coa creación audiovisual. O primeiro premiado será o realizador, escritor e profesor ourensán Alberte Pagán.
O premio toma o nome dun dos varios pseudónimos utilizados polo xornalista Alfonso Piñón Teixido (Ferrol, 1887 – Madrid, 1973), quen ademais de articulista tamén foi escritor, membro do Partido Galeguista e amante da paisaxe, especialmente da do Val de Lamas. De aí que asinase moitos artigos como “Bernardino de Lamas”, aínda que tamén utilizou o alcume de “Luis de Narahío”.
24 curtas
O programa das estreas do sábado 15 de febreiro -Casa da Cultura, 17:30h, entrada libre- partirase en dous pases: un que comezará sobre as 18:30h con 13 pezas e unha duración aproximada de 75 minutos, e outro a partir das 20:00h, tras un cuarto de hora de descanso, que rematará sobre as 21:00h ou quizais un chisco máis tarde.
Son 24 pezas en total producidas por Ángela Arnosa, Irene Ávila, Bieito Beceiro, Cruz Piñón; Fran da Lobeira, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Xosé Antón Bocixa / Mónika Chorén, Kevin lorenzo, Iago Lourido, María Martelo, Carlos Martínez-Peñalver, Pablo Martínez, Anxo Pena, Cora Peña, Héctor Pousa, Eva Lareo; Manuel Recouso, Isabel Rei, Álvaro Trigo, Abel Vega, Andrea Zapata-Girau e os colectivos A Rigueira, NaraíoMedia, Teño unha horta, The Sun Girls.
Trala gala de estrea as curtas do Chanfaina Lab irán reestreándose na canle de Youtube de Fálame de San Sadurniño a razón de dúas historias cada venres desde o 7 de marzo.
O Chanfaina lab é unha iniciativa de creación audiovisual colectiva promovida polo Concello de San Sadurniño co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?