Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González celebraron en Ames o 11F
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Victoria Otero, Berta Caro, Marta Arufe e Alejandra González celebraron en Ames o 11F

S. P.
Publicado: 18/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_mulleres_nenas_ciencia_5.jpgOs IES de Ames e do Milladoiro acolleron a semana pasada e con motivo da celebración do 11 de febreiro (Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia), unhas charlas que lle amosaron á mocidade local as posibilidades que ofrece o ámbito da ciencia e a tecnoloxía na actualidade, así como reivindicar o talento feminino nestes eidos de actividade.
As conferencias estiveron protagonizadas pola presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Vitoria Otero; a directora corporativa da empresa tecnolóxica Tecalis, Berta Caro; unha das xefas de alto proxecto da empresa CATEC (Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais), Marta Arufe, e unha das enxeñeiras de CATEC en Galicia, Alejandra González.
ames_mulleres_nenas_ciencia_charla11.jpgAs actividades tamén asistiron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Educación, Carmen Porto, e a concelleira de Igualdade, Uxía García.
Ana Belén Paz, destacou que “Ames é un dos 90 municipios de España que pertence á Red Impulsa, o que nos converte en referentes dentro do ámbito da innovación e a tecnoloxía, demostrando as posibilidades que ofrece o noso concello para desenvolver proxectos punteiros nestes ámbitos”.
ames_mulleres_nenas_ciencia_charla_2.jpgA concelleira de Educación, Carmen Porto animou aos mozos e mozas a “aproveitar e escoitar a referentes no ámbito da ciencia como as mulleres de hoxe, xa que é unha oportunidade para descubrir opcións de futuro e posibles ramas profesionais ás que podedes chegar”.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Uxía García, tamén motivou á mocidade a “aproveitar moito a experiencia do que conten nesta xornada e nunca vos poñades barreiras a vós mesmos. Hoxe temos aquí catro exemplos moi bos de igualdade e de superar barreiras que ata hai pouco eran impensables”.
ames_mulleres_nenas_ciencia_3.jpgA primeira en intervir e narrar a súa experiencia profesional foi a presidenta da Real Sociedade Matemática Española, Victoria Otero, moi afincada no municipio de Ames. Ao longo da súa intervención explicou os motivos polos que se conmemora este día, dando a coñecer mulleres pioneiras no ámbito científico e que, para o público xeral, adoitan ser descoñecidas. Tamén reivindicou a importancia da necesidade de mulleres no ámbito científico pois “se non hai ciencia en feminino, hai temas que só se van a estudar desde unha mesma perspectiva, provocando así unha fenda de xénero moi significativo”. Ademais, Vitoria Otero achegoulles á mocidade amesá as posibilidades que ofrecen as matemáticas no noso día a día.
ames_mulleres_nenas_ciencia_4.jpg Pola súa banda, a directora corporativa da empresa local Tecalis, Berta Caro, explicou ao alumnado dos institutos de Ames as posibilidades que ofrece a tecnoloxía de hoxe e que, coma foi a súa situación, vai máis aló dos clásicos perfís técnicos. Lembrou que Tecalis é unha empresa pioneira en España, centrada, entre outros temas, na verificación da identidade dixital. Ademais de explicar as funcións da súa empresa, Berta Caro demostroulle ao alumnado presente os perigos que tamén posibilitan as novas tecnoloxías, coma por exemplo a suplantación de identidade a través da Intelixencia Artificial.
As últimas en intervir foron Marta Arufe, unha das xefas de alto proxecto da empresa CATEC, e Alejandra González, enxeñeira en Galicia desta empresa. Ámbalas dúas achegaron as súas experiencias persoais aos mozos e mozas, explicándolles as barreiras coas que se poden atopar ao longo do camiño, concretamente na etapa da universidade, así como demostrar que as mulleres novas tamén poden entrar no mundo da enxeñería.
Marta Arufe debullou todas as súas funcións en CATEC, como o deseño de negocio, demostrando así que ser enxeñeiro non consiste só en programar ou nunha vertente puramente técnica. No outro lado, Alejandra González explicou o proceso de frustración e incerteza que afrontou ao longo da universidade mais que isto non supuxo poder acadar finalmente os seus obxectivos e chegar ao posto no que está hoxe en día.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?