Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores da UVigo constatan que uso de vídeo con IA mellora a formación en socorrismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores da UVigo constatan que uso de vídeo con IA mellora a formación en socorrismo

S. P.
Publicado: 19/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

posocorrismoia1.jpgO uso do vídeo con Intelixencia Artificial presenta importantes potencialidades para a formación en socorrismo e emerxencias. Así se constatou nun proxecto de innovación docente do grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, que experimentou coas posibilidades da vídeoasistencia con IA na materia Socorrismo e a súa didáctica, do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Coordinado polo catedrático Roberto Barcala, este proxecto buscaba avaliar as melloras que podía supor para a aprendizaxe do alumnado o uso dun dispositivo de gravación por vídeo que permitía realizar un seguimento de persoas ou accións concretas durante a realización de simulacións de “casos clínicos de afogamento”. Deste xeito, estas ferramentas posibilitaban unha posterior unha “videoanálise” na que, como apunta Barcala, as e os estudantes obtiñan información detallada dos seus acertos e erros nas diferentes fases da resolución da emerxencia.
En concreto, demostrouse que a integración da videogravación con IA na docencia práctica desta materia constitúe “unha ferramenta poderosa” para mellorar a adquisición e retención de coñecementos, así como a capacidade do alumnado para utilizalos en “situacións prácticas”, o que resulta especialmente relevante, lembran, nun ámbito como o do socorrismo, no que “a oportunidade de recordar e aplicar rapidamente os coñecementos pode ser a diferencia entre a vida e a morte”.
posocorrismoia2.jpg Tras formarse nun primeiro termo nas “habilidades específicas tanto de prevención, como de rescate e intervención” nunha emerxencia acuática, o alumnado da materia debe pór estes coñecementos en práctica na resolución de “casos clínicos de afogamento”. Nestes, a implantación desta tecnoloxía permitiu, como explica Barcala, programar a gravación “para que siga unha determinada persoa ou un determinado movemento ou patrón”, para, nunha análise posterior, obter información “detallada e personalizada” de aspectos “relevantes para a resolución da emerxencia”, como podería o figura do “líder” na intervención.
Co obxectivo avaliar esta iniciativa, un grupo de expertos e expertas en socorrismo, psicoloxía e investigación educativa deseñou unha enquisa dirixida a avaliar a percepción do alumnado sobre a súa aprendizaxe. Concretamente, no proxecto Videoasistencia con Intelixencia Artificial (VAR-IA) participaron, xunto a Barcala, as e os integrantes do grupo Remoss Marcos Sanmartín, Roberto Silva, José María Pazos, Alejandra Alonso e Felipe Fernández; os profesores da facultade Joaquín Dosil, Rubén Domínguez e Enrique García Ordoñez; os investigadores da USC Santiago Martínez, Rubén Navarro e Lucía Peixoto, e Silvia Aranda, da Universitat de Barcelona.
Este cuestionario buscou avaliar a diferencia que supuña para o alumnado que a avaliación da súa intervención nun caso clínico, levado a cabo cun manequín, se realizase coa asistencia do vídeo ou sen ela. Nese senso, permitiu confirmar que esta ferramenta aumentaba a súa “comprensión xeral e habilidades de resolver os casos clínicos”, que o 67,7% dos que realizaron a videoanálise cualificaron como “excelente”, cifra que diminuía ao 8,7% entre aqueles e aquelas que non o empregaron. Do mesmo xeito, tamén se rexistraron melloras na súa apreciación de acertos e erros individuais, definida como excelente por máis do 66% das e dos participantes que empregaron o vídeo e por menos do 5% das e dos que non o usaron. Porcentaxes similares acadáronse tamén na apreciación de acertos e erros grupais e o uso desta ferramenta como “recurso pedagóxico” foi valorada tamén polo profesorado responsable, o que leva a Barcala a recoñecer que esta iniciativa “vai ter continuidade nos próximos cursos”, converténdose nun novo recurso para materia, “que ademais trataremos de mellorar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?