Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 21 empresas innovadoras galegas presentan este xoves os resultados do seu paso por Galicia Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

21 empresas innovadoras galegas presentan este xoves os resultados do seu paso por Galicia Avanza

S. P.
Publicado: 19/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_avanza1-2.jpgO programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, posto en marcha en 2022 pola Consellería de Economía e Industria (IGAPE) e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), será o protagonista dunha xornada programada para este xoves 20 de febreiro, na cal as 21 pemes innovadoras de toda a comunidade que participaron na 3ª edición desta iniciativa presentarán os logros conseguidos ao longo dos oito meses que durou o programa. Contarase coa asistencia do director da Área de Internacionalización do Igape, Augusto Álvarez-Borrás.
O evento Empresas & Viceversa vaise celebrar en Tecnópole, entidade encargada da xestión e coordinación do programa. No transcurso do acto, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, haberá un showroom coas 21 pemes beneficiarias desta edición, que amosarán os seus produtos ou servizos innovadores e darán a coñecer os éxitos acadados tralo seu paso polo programa. Pola súa parte, o director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, será o encargado de presentar os resultados globais desta convocatoria.
No encontro daranse cita ademais un centenar de empresas galegas de sectores diversos, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. Ao longo da xornada, todas as compañías asistentes terán a oportunidade de compartir experiencias e manter reunións bilaterais entre elas, co fin de establecer posibles colaboracións.
O evento inclúe o espectáculo Empresas & Viceversa, destinado a fomentar a rede de contactos entre empresas. Simulando o popular programa de televisión, contarase coa participación dunha serie de firmas “pretendentes”, que terán que demostrar as súas afinidades coas empresas “tronistas” (compañías de éxito internacional), co propósito de lograr unha cita privada con elas como paso previo para unha potencial colaboración. Como “tronista” estarán Pedro Arenas, director de desenvolvemento corporativo de CEAMSA (Compañía Española de Algas Marinas), e máis Iago Jover, responsable de innovación en Roberto Verino.
Durante os oito meses de duración do programa e a través dun equipo de expertos en internacionalización, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras compañías.
Con cada firma seguiuse unha folla de ruta personalizada. Reforzáronse aspectos como a mellora da innovación, as estratexias de mercadotecnia, a creación de marcas e certificacións, ou a adaptación de produtos e servizos ao mercado exterior, entre outros aspectos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?