Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Susana de la Sierra aposta pola plena inclusión da IA nas administracións, pero “dirixida polas persoas”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Susana de la Sierra aposta pola plena inclusión da IA nas administracións, pero “dirixida polas persoas”

S. P.
Publicado: 20/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250220_conferenciaegap.jpgA xurista e catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha, Susana de la Sierra ofreceu a conferencia A Intelixencia Artificial e control das Administracións Públicas, celebrada na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago. No seu transcurso destacou a importancia do uso da Intelixencia Artificial nas administracións mantendo sempre a decisión nas persoas.
Esta actividade formativa, na que participaron máis dun cento de empregados públicos, encádrase no ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento organizado pola Escola.
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentou a conferencia e incidiu na importancia da formación dirixida ao persoal empregado público en materia de IA, xa que esta tecnoloxía “permitirá mellorar o modelo de relación das administracións públicas coa cidadanía, a través do uso de datos que optimizarán os servizos prestados e a fiabilidade na toma de decisións”.
Pola súa banda, a catedrática Susana de la Sierra expuxo os diferentes usos e utilidades das ferramentas intelixentes no sector público nos eidos da actividade informativa, transcrición de textos, infraccións e inspección (Tráfico, Axencia Tributaria e Seguridade Social), asignación de recursos ou subvencións, sanidade e procesos selectivos, entre outros.
Na súa intervención salientou que a maior porcentaxe do uso da IA aplícase no proceso de toma de decisións e na elaboración de políticas públicas axeitadas. “A Intelixencia Artificial é un instrumento moi útil no sector público, cos seus riscos, pero a decisión ten que estar sempre nas persoas. O ser humano sempre ten que levar as rendas e, ademais, ser logo responsable da decisión adoptada”, subliñou.
A xurista tamén explicou os diferentes tipos de Intelixencia Artificial: a computacional e a xenerativa, así como os perigos de exclusión que pode xerar a aplicación desta tecnoloxía na actualidade cando unha persoa non ten acceso a un ordenador ou non conta con competencias dixitais pola súa idade, entre outros motivos. Susana de la Sierra analizou o marco normativo actual, o regulamento europeo da IA, as leis xerais e sectoriais e os sistemas de control externo e interno do seu uso, tanto o sistema administrativo de gobernanza como o control xudicial e as súas necesarias adaptacións.
Tamén sinalou a necesidade dun cambio na organización interna das administracións. “É preciso incorporar medidas ambiciosas dentro das entidades públicas para que sexan organizacións máis modernas. Coa IA desaparecerán postos de traballo pero crearanse novos”. Neste sentido, avogou por equipos mixtos, é dicir, funcionarios tradicionais que sexan capaces de tramitar expedientes e colaboren cos informáticos para a incorporación dos sistemas de Intelixencia Artificial nas administracións públicas.
Tamén manifestou que estas tecnoloxías son “ferramentas para abordar as fendas dixitais e facerlles fronte co obxectivo de facilitar a inclusión social”. Neste sentido, segundo a xurista, o estado social dixital maniféstase dun xeito máis intenso e para iso “é preciso emprender as políticas públicas necesarias, cun orzamento axeitado, co fin de cumprir o marco constitucional vixente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?