Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa 21 días co galego e + mergullou a dez centros educativos no uso presencial e dixital da lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa 21 días co galego e + mergullou a dez centros educativos no uso presencial e dixital da lingua

S. P.
Publicado: 21/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

21_dias_co_galego-2.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral de Lingua clausuraron este 21 de febreiro a nova edición do programa autonómico de inmersión lingüística 21 días do galego e +, coincidindo coa celebración do Día da Lingua Materna, no Colexio do Carballal en Marín, participante nesta edición. O conselleiro salientou a relevancia de “impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer para a rapazada para incrementar o seu uso e prestixio” e cualificou de imprescindible “fortalecer o seu uso nos espazos presenciais e dixitais de socialización”.
Lembrou que esta iniciativa foi posta en macha o pasado 31 de xaneiro e que nesta edición desenvolveu durante tres semanas consecutivas obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais na nosa lingua nunha decena de centros de Educación Infantil e Primeira das catro provincias, contando coa implicación de preto de 4.000 persoas entre alumnado, profesorado e persoal administrativo e servizos.
21_dias_co_galego_4.jpgLópez Campos agradeceu a implicación e o traballo do profesorado a prol do galego e considerou que esta entrega se reflicte tamén, tanto nas cualificacións académicas, “en equilibrio coas de Lingua Castelá”, como no feito de que “se está a demostrar que están garantidas as plenas competencias no seu uso”.
En concreto e baixo o lema Medrando en galego, o alumnado dos colexios que tomaron parte nesta sétima edición intensificaron a súa expresión en galego durante estes 21 días cun obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco, un contacontos a cargo de Celso Sanmartín e o espectáculo musical A voar de César Freirías Prado e a Cé Orquestra Pantasma.
21_dias_co_galego_3.jpgO desenvolvemento de todas estas propostas quedarán nas redes sociais do programa e no seu blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central da iniciativa, onde se foron mostrando as creacións. Ademais, durante as tres fins de semana de duración do programa publicouse contido lúdico para que as familias continuasen o labor iniciado nos centros.
21 días co galego e + mantivo a colaboración co programa Galicia por diante, da Radio Galega, onde tivo unha sección diaria de luns a xoves, e co programa Dígocho eu!, da CRTVG, que celebrou encontros co alumnado dos 10 centros educativos. O alfinete de ouro da edición porao de novo o III Encontro 21 días co galego e +, que reunirá o vindeiro 25 de febreiro o alumnado e profesorado de todos os centros participantes no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela para compartir as súas experiencias nunha sesión lúdica.
21_dias_co_galego_2.jpg Neste curso, o programa desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e o Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?