Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ViaGalicia selecciona 38 iniciativas empresariais para participar na súa oitava edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ViaGalicia selecciona 38 iniciativas empresariais para participar na súa oitava edición

S. P.
Publicado: 21/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

viagalicia_zona_franca.jpgViaGalicia, programa promovido pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é promover proxectos innovadores e invertibles, aos que se axuda na validación das súas propostas, posta en marcha, financiamento e maduración chega este ano a súa oitava edición.
Desta volta, 38 iniciativas empresariais foron elixidas pola súa innovación, invertibilidade, acelerabilidade e relevancia para participaren nas seguintes fases do programa, ata a selección das
15 startups que, finalmente, serán as que participen na Aceleración da 8ª edición de ViaGalicia.
Neste primeiro proceso foron analizadas polo Comité Técnico 108 propostas, entre as que salientaron os proxectos relacionados coas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), máis dun 22% do total, seguido das propostas sobre Agroalimentación e Pesca (11%), e Cultura e Lecer (10%). Subliñar tamén as iniciativas vinculadas a servizos a empresas (10 %) e Turismo e Hostalaría (8%).
ViaGalicia, a xeito de aceleradora transversal, segue contando nesta edición con ideas de negocio que abranguen moi diversos sectores, como saúde e medicamento, enerxía e recursos naturais ou téxtil e moda, cunha representación dun 15% sobre o total de proxectos presentados, e algúns máis especializados como Automoción, Aeroespacial ou Comunicacións, cun 6% de representación total.
A aceleradora volve acoller proxectos innovadores e aliñados coas tendencias actuais, como a sostibilidade ambiental ou a implantación da Intelixencia Artificial. Neste último caso, as propostas van dende o uso da IA para a mellora de software, ata usos máis cotiáns como o coidado de maiores ou a mellora da experiencia de usuario nos marketplaces. No agroalimentario, hai proxectos de desenvolvemento de novos produtos ou a mellora da trazabilidade dos alimentos, encamiñados a mellorar a nosa saúde e a do planeta. Por último, o sector do turismo e hostalaría conta cunha numerosa representación de iniciativas que apostan pola IA e o TIC como xeito de mellorar a xestión de establecementos.
Chegados a este punto, os e as promotoras destas 38 iniciativas participarán nunha intensiva xornada (Startup Day), da que sairá unha nova selección de proxectos, que permitirá analizar polo miúdo a experiencia e composición dos seus equipos, avaliar habilidades e competencias, composición e capacidade de conducir estes proxectos ao éxito e verificar o seu compromiso, solidez e capacidade para desenvolvelos.
As propostas que saian elixidas do Startup Day afrontarán despois dúas novas fases de selección: a da Academia e o Demo Day. De aí sairán as 15 iniciativas finais que participarán nesta VIII Edición de ViaGalicia que conta cun orzamento de 2,25 millóns de euros, destinados á formación, asesoramento, mentoring e financiamento dos proxectos deste programa de aceleración.
Para rematar, sinalar que dende a súa creación ata esta oitava edición, ViaGalicia apoiou a 230 proxectos empresariais e acelerou a 92 novas startups, que recibiron máis de 10 millóns de euros en financiamento directo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?