Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ultima co proxecto EdugalIA a despregadura da Intelixencia Artificial no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ultima co proxecto EdugalIA a despregadura da Intelixencia Artificial no ensino

S. P.
Publicado: 21/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

edugalia_conselleiro_roman_rodriguez.jpgO conselleiro de Educación, Román Rodríguez, achegou este venres 21 de febreiro un pequeno balance do estado de cousas do proxecto EdugalIA e do seu obxectivo para despregar a Intelixencia Artificial no ensino. Fíxoo no transcurso dunha reunión co equipo de asesores do proxecto, destinada a ultimar os traballos para comezar a despregadura desta tecnoloxía disruptiva no sistema educativo galego. Segundo fixo saber, a Xunta logrou captar con este proxecto case 10 millóns de euros de fondos europeos no proceso de Compra Pública Innovadora, o “que converte a EdugalIA na segunda iniciativa galega con máis financiamento e a sexta de España entre os 20 proxectos que acadaron apoio”.
Acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, o conselleiro puxo en valor o traballo realizado no último ano, que posibilita que EdugalIA “poida ser axiña unha realidade e estea a xerar xa gran interese en todo o Estado como referente na innovación educativa e no uso da IA”. EdugalIA, engadiu, “contará cun orzamento total de 16,5 millóns de euros(6,6 millóns de euros achegados pola Xunta e 9,9 procedentes dos fondos europeos mediante FEDER plurirrexional)”. O seu obxectivo concreto e último, apuntou “é optimizar o deseño e a avaliación de políticas públicas e previr o abandono escolar mediante esta ferramenta”.
A través deste proxecto integraranse todas as fontes de datos para, por unha banda, crear por primeira vez o expediente dixital do alumnado, que o acompañará ao longo de toda a súa traxectoria académica e permitirá identificar posibles situacións de abandono temperá e abordalas. Por outra banda, desenvolverase un espazo entre familias, centros e Xunta para asistencia e información áxil e personalizada a alumnos e familias.
O equipo asesor de EdugalIA, composto por investigadores das universidades galegas e do CSIC e persoal técnico da Consellería, leva meses traballando para definir este proxecto de intelixencia artificial no ensino, o que garantiu o seu éxito na convocatoria de Compra Pública Innovadora do Ministerio de Ciencia, Universidades e Innovación. A reunión deste 21 de febreiro pretende avaliar os últimos detalles co obxectivo de licitar a iniciativa en breve.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?