Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento de nenas e nenos de Vigo participaron en Telecomunicación na xornada Elas Fan TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio cento de nenas e nenos de Vigo participaron en Telecomunicación na xornada Elas Fan TIC

S. P.
Publicado: 24/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

elas_fan_tic_uvigo.jpgAlgo máis de medio cento de nenas e nenos vigueses visitaron o pasado venres o Campus de Vigo para celebrar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación o Día Internacional da Muller e a Nena nas TIC, iniciativa de sensibilización impulsada pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) destinada a fomentar as vocacións tecnolóxicas nas nenas e mozas e a reducir a fenda dixital de xénero. A cita, que na UVigo celébrase baixo o lema Elas Fan TIC, acostuma a celebrarse o último xoves de abril, pero por motivos de calendario dos colexios e da propia escola nesta ocasión adiantouse a este pasado venres.
elas_fan_tic_3.jpgCoordinados pola profesora Soledad Torres, enlace de Igualdade da escola, e patrocinados pola Cátedra Indra-Uvigo en enxeñaría e tecnoloxía, as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria do Colexio Javier Sensat asistiron a dous obradoiros de programación e robótica dirixidos por alumnas e alumnos da escola. Foi, en palabras da UVigo, “unha oportunidade para aprender a programar e para achegarse á robótica e, ao mesmo tempo, e sobre todo, tomar conciencia, desde ben pequenas e pequenos, de que a tecnoloxía non entende de xénero, que todas e todos poden chegar a desenvolver con éxito unha carreira no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación”.
elas_fan_tic_2.jpgDe impartir os talleres encargouse un grupo de voluntarias e voluntarios da escola, con Laura Pardo á cabeza, estudante de último curso, que mostrou a súa satisfacción por participar na iniciativa e recoñeceu que sempre tivo claro que quería estudar enxeñaría: “Na miña familia xa era unha titulación coñecida, ben Telecomunicación, ben ciclos superiores relacionados, polo que non tiven dúbidas, e sempre tiven un apoio incondicional, tanto das miñas compañeiras como dos meus compañeiros”.
Na actualidade as alumnas representan o 20% do total de alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, unha cifra na Escola salientan que “está en sintonía coas diferentes estatísticas que amosan o baixo interese das mulleres para optar por titulacións universitarias relacionadas coas TIC e, en consecuencia, tamén no mundo laboral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?