Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia e o Clúster da Madeira preparan a xornada Intelixencia Artificial Aplicada á Empresa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia e o Clúster da Madeira preparan a xornada Intelixencia Artificial Aplicada á Empresa

S. P.
Publicado: 24/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sesion_cluster_tic_gz.jpg Será o mércores 5 de marzo cando teña lugar a sesión informativa Intelixencia Artificial aplicada á empresa, organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD). Trátase dunha xornada para abordar como dar soporte á oficina técnica de prototipos e elaboración de planos de fabricación neste sector. O encontro en cuestión celebrarase no Biopolo A Sionlla de Santiago de Compostela, expoñerase tamén como a integración da IA nos negocios permite un feedback activo mediante a análise en tempo real de recensións e comentarios, identificando oportunidades de mellora en produtos e servizos mentres se reforza a relación cos clientes.
Alén disto, explicarase como analizar os datos de clientes para crear campañas personalizadas, o que asegura que cada mensaxe sexa relevante, aumentando a taxa de conversión e reducindo os custos de márketing. Para rematar, tratarase como a xestión dinámica de inventarios con ferramentas de IA mantén niveis óptimos de stock en todas as fases da cadea, minimizando os custos asociados a excedentes ou escaseza de produtos. Para participar no evento é preciso inscribirse aquí.
Axenda
10 h. Estratexia do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia en relación á IA. Ricardo González, xerente do CMD.
10:15 h. Que é a IA Xen. Javier Martínez, Possible Incorporated.
10:30 h. Caso de uso. Aplicación da IA nunha empresa do sector da madeira. Gregorio González, FINSA.
11 h. Café-Networking
11:30 h. Posibles proxectos de implementación da IA no sector da madeira. Representantes das seguintes empresas: Catro Dixital, Plexus, Merlin Software. Enxenio SL, Tesla e Cinfo.
12:30 h. Oportunidades de financiamento. Andrés Xastre, director de proxectos do Clúster TIC Galicia.
12:45 h. Conclusións e vindeiros pasos.
13 h. Fin da Xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?