Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo da Deputación da Coruña presenta un espazo web adicado aos viños da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo da Deputación da Coruña presenta un espazo web adicado aos viños da provincia

S. P.
Publicado: 24/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

crisandina_vinosdacoruna_regueira_366.jpgO vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, presentou este 24 de febreiro, durante a inauguración oficial do encontro das IXP de Viño de Galicia, a páxina web viñosdacoruña.gal, un espazo en liña que recolle información sobre diferentes iniciativas enolóxicas da provincia que se caracterizan, sinalou, “pola súa excelencia e compromiso co territorio”.
Fíxoo durante esta segunda xornada dunha cita que contou con máis dunha vintena de actividades entre presentacións, catas e clases maxistrais, e coa presenza das principais adegas e IXP de Galicia, que se desenvolve no coruñés NH Finisterre.
Regueira explicou o obxectivo da páxina web e do propio encontro, que non é outro que “poñer en valor o territorio a través das persoas, a paisaxe e a gastronomía, como parte da nosa campaña A paisaxe que sabe, con este espazo que se converte nunha ferramenta máis para mostrar a excelencia da cadea agroalimentaria coruñesa”
crisandina_vinosdacoruna_regueira_360.jpg Citou algúns exemplos deste traballo dos produtores que merece ser reivindicado, coñecido e recoñecido: “Unha adega de máxima eficiencia enerxética, un innovador espumoso, un pioneiro viño doce natural, a dedicación perfeccionista da enxeñeira agrónoma que investiga e pon en valor unha uva histórica, a paixón do mozo que logo de fuxir do mundo do viño familiar regresa cunha nova visión para transformar e levar a outro nivel a herdanza vitícola da casa, o encontro do viñedo coa historia nun caldo de homenaxe a un milenario achado arqueolóxico…”. Segundo engadiu, a web pretende ser o espazo “dun sector pequeno aínda en produción pero moi grande en potencial”.
O espazo viñosdacoruña.gal, apuntou, acubilla información sobre iniciativas enolóxicas de diferentes dimensións e graos de profesionalización, pero caracterizadas todas polo compromiso coa excelencia e o obxectivo de espremer os atributos e peculiaridades excepcionais das castes de uva cultivadas na provincia, “unha arela na que comparten protagonismo as vides, as propiedades distintivas que adquiren nas terras coruñesas onde son cultivadas e o traballo entregado dos adegueiros, baseado no esforzo, a honestidade e a aposta por unha innovación que non esquece a sólida raíz das tradicións familiares de longo alento”.
Na páxina web pódese atopar todos os datos sobre as dúas indicacións xeográficas que acolle a provincia, a Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos e a Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Barbanza e Iria. Inclúe tamén unha referencia menos coñecida para o gran público: a Ribeira do Ulla, a subzona máis recente da Denominación de Orixe das Rías Baixas, estabelecida no ano 2000, e que ten tamén localizacións na provincia da Coruña, en concreto nos concellos de Boqueixón, Padrón, Teo, Touro e Vedra. Ademais, recolle todos os datos das adegas integradas nestas IXP e DO, ademais de información actualizada sobre os viños que están producindo, referencias sobre a súa comercialización, entrevistas cos adegueiros, fotografías e vídeos divulgativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?