Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Cámaras da Coruña e Santiago e o Banco Santander lanzan a 9ª edición do Premio Peme do Ano da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Cámaras da Coruña e Santiago e o Banco Santander lanzan a 9ª edición do Premio Peme do Ano da provincia

S. P.
Publicado: 24/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ano_camara_coruna_santiago_pyme.jpgO Banco Santander, a Cámara de Comercio da Coruña e a Cámara de Santiago de Compostela convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia, a novena edición do Premio Peme do Ano. O obxectivo deste certame é recoñecer “o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián”. Tamén o empuxe transformador.
O prazo de presentación de candidaturas para o premio 2025 comezou o 19 de febreiro e pecharase ás 20.00 horas (hora peninsular) do próximo 2 de abril.
A esta nova convocatoria poden concorrer todas as pequenas e medianas empresas da provincia con menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2024 que teñan a sede social na provincia da Coruña.
Ademais da elección da Peme do Ano, o xurado poderá conceder, catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Peme Sostible.
A empresa gañadora concorrerá ao Premio Nacional Peme do Ano 2025, que se fallará no primeiro trimestre de 2026. Igualmente, as empresas gañadoras dos diferentes accésits concorrerán ao Premio Nacional nas súas respectivas categorías.
As empresas interesadas deberán encher o formulario de inscrición que atoparán nas páxinas web da Cámara de Comercio da Coruña e da Cámara de Santiago, onde tamén poden consultar as bases do concurso. O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a internacionalización da empresa; as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sostibles nos que participaron.
As entidades organizadoras queren consolidar nesta 9ª edición o Premio Peme do Ano como “o galardón de referencia para as pequenas e medianas empresas españolas”. O ano pasado, oitava edición do Premio, inscribíronse un total de 1.639 empresas das 50 provincias e participaron 52 cámaras de comercio territoriais, 13 direccións territoriais do Banco Santander e as principais cabeceiras da prensa española. Desde 2017, ano do seu lanzamento, xa son 10.815 pemes que participaron neste certame.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?