Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Profesorado de Enxeñaría Informática da UVigo publica un manual de introdución á programación en Linguaxe C
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Profesorado de Enxeñaría Informática da UVigo publica un manual de introdución á programación en Linguaxe C

S. P.
Publicado: 25/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_linguaxe_c_programacion_campus_ourense_libro_programacion1.jpgProfesorado da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense (UVigo) publicou o libro Introdución á programación en Linguaxe C, que nos achega os fundamentos da programación en C++ cun “enfoque eminentemente práctico”, incluíndo numerosos exemplos explicados de código así como exercicios ao remate de cada capítulo.
O manual está editado polo Servizos de Publicacións da Universidade de Vigo e a súa autoría corresponde a Mª Xosé Lado, Leandro Rodríguez, Pedro Cuesta, Arturo José Méndez e Xosé Antón Vila Sobrino. Este equipo forman parte do Departamento de Informática, Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UVigo, acumulando máis de 25 anos de experiencia en docencia teórico-práctica en diversas titulacións. No eido da investigación, acumulan igualmente unha dilatada traxectoria no marco do grupo LIA2, centrándose actualmente no estudo de sinais fisiolóxicos, análise de variabilidade da frecuencia cardíaca e desenvolvemento de ferramentas software neste eido de actividade en concreto.
libro_programacion2.jpgA programación, sinala o equipo que realizou o manual, “é fundamental para o desenvolvemento de aplicacións cun impacto elevado en diferentes sectores, como poden ser a saúde, a educación ou as finanzas”. Na actualidade, engaden, a demanda de profesionais con competencias no desenvolvemento de ferramentas software ten experimentado un aumento significativo.
Sobre a temática concreta elixida para a publicación, detallan que “unha das linguaxes máis amplamente empregadas para a aprendizaxe de programación é C++, linguaxe de propósito xeral que prepara ao alumnado para enfrontar desafíos no mundo real e que proporciona as ferramentas necesarias para o desenvolvemento de aplicacións robustas e eficientes”. Así, no libro preséntanse os fundamentos da programación procedemental en C++, abordando en detalle diferentes contidos: dende os conceptos máis básicos, como a terminoloxía empregada en tarefas de programación ou a definición de variables e constantes, ata temas máis avanzados, como o manexo de arquivos, a xestión dinámica de memoria ou o tratamento de cadeas de caracteres, a programación estruturada, os vectores ou as matrices. Trátase en total de once capítulos na que a abordaxe dos contidos se realiza dun xeito moi didáctico e aplicado, facendo fincapé na parte práctica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?