Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone levará telefonía móbil a 211 núcleos rurais illados que non contaban co servizo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone levará telefonía móbil a 211 núcleos rurais illados que non contaban co servizo

S. P.
Publicado: 25/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_antena_vod_sost1.jpgA operadora de telecomunicacións Vodafone compartiu a súa folla de ruta de 2025 para equipar con cobertura móbil aos núcleos rurais galegos máis afastados que ata o de agora, pola súa situación xeográfica, demográfica e orográfica, non tiveron ocasión de ter un servizo en condicións. Segundo fixo saber a compañía, este ano que vén de comezar zonas rurais illadas de 56 municipios da nosa Comunidade dispoñerán de cobertura móbil por primeira vez ao longo deste ano. Trátase, en total de 211 núcleos de poboación afastados.
Os clientes de Vodafone poderán acceder ao mellor servizo de banda larga móbil, tanto no interior como no exterior das súas vivendas, incluíndo todas as estradas e camiños de acceso. Así mesmo, poderán gozar da mellor calidade nas súas chamadas de voz coa tecnoloxía máis avanzada (Voz sobre LTE).
Esta iniciativa encádrase no proxecto PR608A: Extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados adxudicado pola Xunta a Vodafone en decembro de 2021 e con previsión de ser completado ao longo deste ano. O obxectivo deste proxecto é mellorar a cobertura en áreas rurais, moi afastadas dos grandes centros urbanos, que non dispoñen actualmente de servizo de ningunha operadora.
Os 211 núcleos rurais que comezarán a gozar de nova cobertura Vodafone atópanse nos seguintes municipios das 4 provincias galegas:
-29 núcleos na provincia da Coruña, nos municipios de: A Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Irixoa, Lousame, Ordes, Outes e Rois.
-107 núcleos na provincia de Lugo, nos municipios de: Abadín, Castroverde, Cervantes, Cervo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Guntín, Láncara, Lugo, Mondoñedo, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pol, Quiroga, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela e Vilalba.
-50 núcleos na provincia de Ourense, nos municipios de: Baños de Molgas, O Bolo, Calvos de Randín, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Leiro, Lobeira, Manzaneda, Muíños, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Xoán de Río, San Amaro, A Veiga e Viana do Bolo.
-25 núcleos na provincia de Pontevedra, nos municipios de: A Cañiza, Covelo, Gondomar e A Lama.
Grazas a esta despregadura, a operadora busca ampliar a súa pegada efectiva de cobertura: polo menos 5.429 habitantes de Galicia, que non tiñan ningún tipo de servizo, gozarán de telefonía móbil de última xeración nestes núcleos illados. “Estes usuarios mellorarán a calidade das chamadas de voz, poderán descargar contidos a alta velocidade, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea, sen perder calidade no interior e no exterior das súas casas”, sinalou Vodafone.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?