Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta asina un acordo con Microsoft para impartir formación en IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta asina un acordo con Microsoft para impartir formación en IA

S. P.
Publicado: 25/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250225_emprego_prxectointroduccionia_mac-05.jpgA Intelixencia Artificial (IA) cobra cada vez máis protagonismo en todos os eidos, dende a Xunta tomando nota disto veñen de anunciar un protocolo de colaboración para formar en IA no vindeiro ano a ata 45.000 menores de 35 anos, co obxectivo de mellorar as súas oportunidades profesionais.
Para selar este acordo na mañá de hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a directora executiva de Sector Público, Saúde e Educación de Microsoft Spain, Natalia Escobedo, asinaban o dito protocolo que, segundo explicou o conselleiro, está encamiñado tanto á mocidade desempregada como a aquela que queira mellorar as súas oportunidades laborais a través do Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPG).
Engadir que con esta actuación se dará paso ao acceso a programas formativos e actividades divulgativas como foros, obradoiros, xornadas e seminarios para a difusión e sensibilización sobre unha IA responsable. Trátase de formación de balde e de curta duración para capacitar ás persoas participantes, que obterán un certificado, para traballar con IA.
Asemade, no evento de hoxe, no que tamén estiveron a directora xeral de Formación e Cualificación para o emprego, Zeltia Lado, o director do Centro de Novas Tecnoloxías, Carlos Vázquez, e o director xeral de Seguridade da Información e cofundador de Founderz, Rubén Iturrarte, entre outros, o conselleiro salientou a experiencia de Microsoft e Founderz (entidade que achegará a formación) nesta materia pois no 2023 lanzaron o curso de formación en IA máis grande de Europa.
Aproveitando este encontro, o titular de Emprego tamén quixo subliñar outros exemplos da vocación pioneira da comunidade galega na aplicación das novas tecnoloxías a prol da cidadanía. Entre elas, o impulso á ferramenta software EMi, dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia e premiada pola Comisión Europea. Tamén sinalou o reforzo do plan de formación permanente do SPEG con novidades como un curso sobre a ferramenta software EMI. Outro exemplo da aposta polas novas tecnoloxías para impulsar a empregabilidade, segundo o conselleiro, é o Centro de
Novas Tecnoloxías de Galicia, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que é referente formativo para o sector TIC galego e que acolleu a sinatura do protocolo con Microsoft.
Para rematar, o conselleiro fixo fincapé na aposta pola formación flexible e á carta do tecido produtivo, tanto para persoas traballadoras como desempregadas, en liña do que promove a Unión Europea. Neste senso, engadiu, Galicia será pioneira no impulso dun decreto a favor das microcredenciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?