Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es convoca axudas por importe de 30 millóns de euros para a rede de Oficinas Acelera Peme
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es convoca axudas por importe de 30 millóns de euros para a rede de Oficinas Acelera Peme

S. P.
Publicado: 25/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina_acelera_peme_camara_coruna.jpgA entidade estatal Red.es lanzou a convocatoria de axudas 2025 para a creación da rede de Oficinas Acelera Peme. Cun orzamento total de 30 millóns de euros financiados con cargo aos fondos FEDER do período 2021-2027, os importes da axuda serán como máximo o 80% do orzamento subvencionable. Así, o importe mínimo da axuda solicitada por proxecto será de 300.000 € e o importe máximo de 410.000 €.
Red.es explica que esta convocatoria ten como finalidade “incentivar a creación e consolidación de Oficinas Acelera Peme seleccionando, en réxime de concorrencia competitiva, aos beneficiarios das axudas para impulsar a adopción das tecnoloxías polas empresas españolas, incluídas as de nova creación, especialmente as pequenas e medianas empresas (pemes), persoas autónomas e emprendedoras, así como o soporte ao emprendemento dixital nas súas diferentes fases”.
Estas axudas están enmarcadas no programa Acelera Peme de Red.es. A rede de Oficinas Acelera Peme ofrece ás empresas espazos físicos e virtuais de información, formación e asesoramento para acelerar a súa dixitalización de forma que poidan mellorar a súa competitividade e fortalecer o seu crecemento.
Poden ser beneficiarias destas axudas asociacións (incluíndo federacións, confederacións e unións destas)/destas) profesionais e empresariais, colexios profesionais e centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica que estean validamente constituídas en España.
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais, a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado.
Toda a información sobre estas axudas pode consultarse no BOE do 22 de febreiro en formato PDF.
Na actualidade a rede de Oficinas Acelera Peme conta con máis de 120 puntos de atención: unha trintena dependen de diferentes asociacións empresariais e colexios profesionais baixo fondos FEDER e o resto operan baixo fondos Next Generation EU, preto de 70 están xestionadas pola rede de Cámaras de Comercio e máis de 20 operan no ámbito rural, en municipios de menos de 20.000 habitantes, coa participación de distintas administracións locais.
Entre os labores que realizan as Oficinas Acelera Peme destacan a xeración, difusión e posta en valor de contidos sobre as vantaxes da incorporación das TIC nos procesos de negocio a través de atención persoal e remota e a celebración de xornadas técnicas e talleres prácticos. Neste contexto, asesoran na resolución de dúbidas respecto aos procesos de transformación dixital, informan sobre a obtención de financiamento público e privado, e fomentan as relacións entre os distintos axentes do ecosistema empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?