Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Padrón conmemorará o 8M fomentando as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mozas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Padrón conmemorará o 8M fomentando as vocacións científico-tecnolóxicas entre as mozas

S. P.
Publicado: 25/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240223_mercadovocesdela_18_.jpgO Concello de Padrón volve reivindicar o papel das mulleres cunha programación especial para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. A Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) deseñaron unha serie de “actividades abertas á participación de toda a veciñanza” co obxectivo de “fomentar a igualdade e poñer en valor a contribución feminina en distintos ámbitos”, incluídos os ámbitos científicos e tecnolóxicos.
O programa comezou a desenvolverse xa este domingo 23 de febreiro cun Curso de Defensa Persoal no Pavillón do Souto no que as mulleres participantes aprenderon técnicas fundamentais para fortalecer a súa seguridade e confianza. Esta actividade contou coa participación da concelleira de Igualdade e Servizos Sociais Mariló Saco.
Ademais, durante todo o mes de marzo, levaranse a cabo actividades de sensibilización nos centros educativos do municipio a través da figura de Florence Nightingale, destacada enfermeira e estadista británica coñecida por ser a primeira teórica na área da enfermaría, ser a fundadora e nai da enfermaría moderna e unha recoñecida reformadora social.
O venres 7 de marzo, a cativada de 9 a 14 anos poderán participar no obradoiro De Maior Quero Ser na Aula CeMIT, unha iniciativa que busca fomentar a igualdade de oportunidades desde a infancia. A través de historias inspiradoras de mulleres referentes en STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas), as nenas e nenos aprenderán sobre creatividade, resolución de problemas e traballo en equipo, participando en retos interactivos. As inscricións están abertas ata o 3 de marzo.
8m_padron_programa.jpgA xornada central do 8 de marzo contará cun programa especial. Ás 11:00 horas inaugurarase o Mercado Voces Delas na praza de Baltar, un espazo onde as mulleres emprendedoras poderán expoñer e vender os seus produtos. Ás 12:00 horas, o Auditorio Municipal acollerá a lectura do manifesto institucional do 8M, seguido dun concerto do grupo Catro Cores e un breve coloquio. Como peche, terá lugar a entrega dos Premios Rumorosas 2025, co que se recoñece a traxectoria de mulleres padronesas que destacan polo seu compromiso social e profesional.
O domingo 9 de marzo, o Mercado Voces Delas volverá abrir ao público na praza de Baltar, en horario de 10:00 a 15:00 horas.
As propostas continuarán ata o xoves 14
As actividades para conmemorar o 8M continuará o martes 11 de marzo cunha sesión formativa sobre Ferramentas dixitais para a procura de emprego, que se impartirá na Aula CeMIT de 18:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 7.
O xoves 13 de marzo proxectarase no Auditorio Municipal o documental O Proxeneta coa presenza da súa directora e escritora, Mabel Lozano, que participará nun coloquio sobre trata e explotación sexual.
A programación concluirá o xoves 14 de marzo cunha nova sesión formativa sobre Ferramentas dixitais, neste caso centrada na xestión e comunicación, que terá lugar na Aula CeMIT de 18:00 a 20.00 horas.
As persoas interesadas en participar nas actividades da Aula CeMIT deberán inscribirse no cim@padron.gal ou no teléfono 611 003 472 en horario de mañá.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?