Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A comunidade dunha decena de centros docentes participou no 3º encontro 21 dias co galego e +
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A comunidade dunha decena de centros docentes participou no 3º encontro 21 dias co galego e +

S. P.
Publicado: 25/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

250225_cultura_galego_09av.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García, participaron este martes 25 de febreiro na celebración do III Encontro 21 días co galego e +, actividade lúdica á que estaban convidados preto de 4.000 rapaces, mestres e persoal da decena de centros educativos de toda Galicia que participaron na sétima edición do programa de inmersión lingüística (tradicional e dixital) 21 días co galego e+, impulsado pola Secretaría Xeral sobre a base da iniciativa 21 días co galego da profesora Pilar Ponte, do IES da Pobra do Caramiñal.
250225_cultura_galego_07av.jpgLópez Campos apuntou “o importante papel” que xoga este iniciativa para incrementar o uso da nosa lingua entre a cativada, xa que lembrou que durante tres semanas consecutivas alumnado de Educación Infantil e Primaria destes centros “desenvolveron as actividades de lecer en galego”, tamén dende o blog da iniciativa. Así, entre o 31 de xaneiro e ata o pasado 21 de febreiro, participaron en obradoiros de regueifas, contacontos e espectáculos musicais. Ademais, contouse coa implicación dos programas Galicia por diante, da Radio Galega, cunha sección diaria dedicada a esta medida, e do Dígocho eu!, da CRTVG, que celebrou encontros co alumnado.
250225_cultura_galego_06av.jpgO conselleiro celebrou este tipo de accións que “conseguen impulsar unha maior presenza do galego nas propostas de lecer entre a xente máis nova, dentro e fóra das aulas”. “É neste tipo de proxectos nos que estamos traballando para transmitir á rapazada o amor pola nosa lingua mentres se divirten coa cultura e socialización co seus”, apuntou.
O conselleiro de Cultura tirou proveito deste encontro coa comunidade educativa para agradecer ao profesorado a súa “total implicación” na posta en marcha deste programa, unha involucración dos mestres que ampliou “a todo tipo de iniciativas a prol do galego”.
Neste curso, o programa 21 días co galego e + , impulsado en colaboración coa consellería de Educación, Ciencias, Universidade e Formación Profesional, desenvolveuse nos colexios Francisco Vales Villamarín (Betanzos), Emilio González López (Cambre) e o La Grande Obra de Atocha (A Coruña), na provincia da Coruña; no Albeiros e no Illa Verde en Lugo; no Julio Gurriarán (O Barco de Valdeorras) e no Manuel Respino (A Rúa), na provincia de Ourense, e no centro do Carballal (Marín), no de Sequelo (Marín) e no Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas), da provincia de Pontevedra.
Esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou a recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?