Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible na Rede unha guía didáctica sobre o Seminario de Estudos Galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible na Rede unha guía didáctica sobre o Seminario de Estudos Galegos

S. P.
Publicado: 26/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250226_cultura_seminario_04av.jpgO Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, centro de investigación mixto do CSIC e a Xunta, presentou este mércores 26 de febreiro a guía didáctica O Seminario de Estudos Galegos, elaborada coa finalidade de achegar o traballo desta entidade á rapazada dun modo divulgativo. Xa está dispoñible na Rede, segundo se fixo saber na cita cos medios.
Na presentación, Valentín García, secretario xeral de Lingua, salientou a necesidade de “pór en coñecemento dos máis cativos unha das institucións científico-culturais galegas de máis relevancia que integrou profesores e alumnos da Universidade de Santiago, así como a intelectuais galeguistas da Xeración Nós e das Irmandades da Fala”. Destacou que materiais como esta guía didáctica “permiten dar a coñecer o proceso de investigación, as obras e a historia desta entidade para a cultura galega”.
No acto, que tivo lugar no Pazo de San Roque, tamén participaron Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; María Rivo Vázquez, unha das autoras da obra, e Patricia Díaz Soto, ilustradora da guía.
A publicación, dirixida ao público escolar a partir de 5º de Primaria, afonda nas achegas feitas pola entidade desde a súa fundación, o 12 de outubro de 1923, cando estudantes universitarios, da man do catedrático Armando Cotarelo Valledor, decidiron crear un grupo dedicado aos estudos galegos, organizándose para iso en diferentes áreas temáticas.
250226_cultura_seminario_01av.jpg O volume está dividido en 10 bloques temáticos, completados coas súas respectivas actividades didácticas. Ademais, incorpora varios Sabías que…? que permiten ampliar os contidos a través de curiosidades, explicacións sobre termos técnicos, citas literarias e exercicios. Así mesmo, o texto amosa a historia do Seminario de Estudos Galegos achegando información da orixe, misión, organización, sedes, socias e socios, as mulleres que pertenceron a este colectivo, as campañas de investigación, as publicacións ou as liñas de investigación.
A guía pode descargarse gratuitamente na páxina web do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e na da Editorial do Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?