Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DataSpartan, Egatel, Imatia, Indra, NTT Data e Sixtema participan no Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DataSpartan, Egatel, Imatia, Indra, NTT Data e Sixtema participan no Foro Tecnolóxico de Emprego da UVigo

S. P.
Publicado: 27/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_forotecno3.jpgDataSpartan, Egatel, Imatia, Indra, NTT Data e Sixtema participarán no Foro Tecnolóxico de Emprego, que se celebra os días 11 e 12 de marzo no Campus de Vigo. O evento, organizado por alumnado das tres escolas de enxeñería da universidade (Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial, Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación e Escola Técnica Superior de Minas e Enxeñería), celebra este ano o seu 25 aniversario con récord de participación: 51 empresas en total.
Ademais de ser unha oportunidade idónea para conectar estudantes con empresas do sector TIC, a cita dará acubillo a diferentes obradoiros creativos e actividades baixo a fórmula do speed recruiting, un sistema de entrevistas rápidas para que as empresas poidan coñecer de maneira áxil aos diferentes candidatos. Tamén se recuperará o formato de mesa redonda con responsables de recursos humanos para discutir as necesidades actuais ao contratar persoas acabadas de graduarse.
horario_foro_tecnoloxico_uvigo.jpgDataspartan e Indra protagonizarán dous dos workshops previstos no Foro Tecnolóxico de Emprego. O martes 11 de marzo, ás 9.30 h, DataSpartan achegará o obradoiro Texto a Coñecemento: Construíndo un Buscador Semántico con Procesamento de Linguaxe Natural (NLP). O mércores 13 de marzo, ás 17:00 h, Indra abordará a Introdución práctica e aplicacións en RFSoC, un dos dispositivos máis avanzados en sistemas de radiofrecuencia (RF).
O Clúster TIC Galicia, do que forman parte das ditas empresas galegas, lembra que na última edición deste encontro participaron ao redor de 1.200 estudantes e estímase que aproximadamente o 90% das prácticas curriculares e extracurriculares proveñen do foro, “o que destaca a relevancia deste foro dentro do panorama educativo actual”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?