Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación achega obradoiros de ciencia e tecnoloxía para as nenas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación achega obradoiros de ciencia e tecnoloxía para as nenas

S. P.
Publicado: 27/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_nenasteleco.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de Vigo está mergullada a organización de novas actividades para fomentar o interese das nenas e das mozas polo mundo da tecnoloxía. En concreto, Telecomunicación prepara unha gran cita de celebración tecnolóxica o vindeiro sábado 22 de marzo da man de Oracle4Girls, unha iniciativa da empresa Oracle que xa pasou por diferentes cidades de toda España e que chega agora a Vigo como unha nova oportunidade “para motivar e apoderar ás novas xeracións de mozas a converterse nas líderes tecnolóxicas do mañá”, tal e como se remarca na web do evento.
Con múltiples obradoiros dirixidos a nenas de entre 4 e 16 anos, as persoas interesadas poden xa inscribirse na web da escola. Haberá diferentes actividades segundo as franxas de idade (4-6 anos, 7-9 anos, 10-13 anos e 14-16 anos).
Trátase de talleres deseñados especificamente para inspirar ás mozas a explorar o seu futuro nas ciencias e a tecnoloxía, fomentando o interese polas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e destacando as oportunidades que as agardan no sector das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), onde as mulleres non están de abondo representadas.
“Para a EET é unha oportunidade poder acoller a celebración deste evento, non só porque vai aliñado coa estratexia do centro para a divulgación das tecnoloxías de telecomunicación entre estudantes e familias, senón tamén pola orientación cara nenas e rapazas”, explicou a directora da escola, Rebeca P. Díaz, que agradeceu a Oracle por “pensar no noso centro para esta actividade e tamén a atlanTTic, que colabora con nós para que a xornada do día 22 de marzo sexa todo un éxito”, recalca a directora da escola.
Desde Telecomunicación queren pois dirixirse especialmente ás familias, xa que xogan un papel crucial na orientación e apoio das súas fillas cara a estas disciplinas. “Nun mundo onde as tecnoloxías como a programación, a robótica, a Intelixencia Artificial e a Realidade Aumentada están a transformar o futuro, estes obradoiros non só brindan coñecementos técnicos, senón que tamén celebran o papel das mulleres que, con esforzo e dedicación, abriron camiño nestes campos”.
Para facilitar os desprazamentos ata o Campus, porase a disposición de todas as persoas participantes autobuses gratuítos con paradas en distintos puntos da cidade (Areal, praza de España, praza de América), tanto para o traxecto de subida (a partir das 09.15) como de regreso á cidade (cara ás 13.10h).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?