Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra achega axudas aos concellos para dinamizar o galego a través dos novos contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra achega axudas aos concellos para dinamizar o galego a través dos novos contidos

S. P.
Publicado: 06/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

luis-lopez-dieguez.jpgPromover actividades de dinamización da lingua galega no 2025 é o propósito que ten entre mans a Deputación de Pontevedra, que vén de activar as axudas para que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia impulsen este tipo de actividades cun orzamento de 150.000 euros.
Así, con estas axudas poderanse financiar programas e campañas de normalización e dinamización lingüística, actividades de sociolingüística e toponimia, iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria e recoñecementos e distincións. O prazo de solicitude destas axudas, cuxas bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia, abre este venres 7 de marzo e permanecerá operativo ao longo dun mes.
Máis polo miúdo, poderán optar a financiamento programas de normalización e dinamización lingüística como certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega; actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos; proxectos de creación artística nos eidos do audiovisual, podcasts, videoxogos, música e banda deseñada, especialmente os dirixidos á infancia e á mocidade; e xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega.
Asemade poderán gozar destas axudas as actividades de sociolingüística e toponimia como estudos, publicacións e xornadas; iniciativas de fomento do emprego do galego no comercio e na industria; campañas para a dinamización, uso e prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico; recoñecementos e distincións que permitan valorar persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega así como o fomento do seu emprego en actividades de captación de neofalantes; e actividades de dinamización e normalización que fomenten o seu emprego e a socialización en galego.
Sinalar que os concellos interesados terán un mes, a partir deste venres, para presentar a súa solicitude por vía electrónica para optar a estas axudas, que serán distribuídas por concorrencia competitiva. Xunto coa solicitude deberán achegar unha memoria explicativa da actividade. A Deputación de Pontevedra financiará aqueles gastos relativos ás infraestruturas e aos espazos para o desenvolvemento do programa ou evento; á contratación de servizos técnicos e profesionais; á edición de publicación: á contratación de axentes e prensa e comunicación e de campañas publicitarias; aos cachés de grupos de artistas, así como aos gastos de desprazamento ou de aloxamento e manutención, sempre que non supere o 75% do orzamento da actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?