Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InnovAmes contou coa presenza de máis de 20 empresas innovadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InnovAmes contou coa presenza de máis de 20 empresas innovadoras

S. P.
Publicado: 07/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

innovames_ames.jpgO Concello de Ames acolleu neste venres, 7 de marzo, a quinta edición do InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrou no Pavillón do Milladoiro e na que estiveron presentes diferentes empresas do noso concello referentes nos ámbitos da innovación ou da tecnoloxía.
Desta volta, unha das principais temáticas que se trataron foi a sostibilidade no mundo empresarial na actualidade e as posibilidades e capacidades da innovación local. Nesta edición participaron máis de vinte empresas locais, coworkers do centro de coworking A Proa, representantes das Universidades de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, e alumnado dos centros educativos de Ames.
A quinta edición da Xornada de Innovación do Concello de Ames, InnovAmes, deu comezo arredor das 10.00 da mañá nunha mesa inaugural presentada pola xornalista Loly Gómez. Neste acto de apertura participaron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto; e o delegado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero.
Ao longo de toda a xornada houbo diferentes charlas, mesas de debate, obradoiros, presentación de proxectos innovadores e ofreceuse información nos stands permanentes por parte das empresas, universidades e centros de ensino participantes.
O programa incluíu a charla temática A xestión da sostibilidade do empresarial, onde se debateu sobre o equilibrio entre os modelos actuais de produción, consumo e educación ante a situación crise climática, o esgotamento de recursos e as desigualdades sociais que se está a vivir neste momento. Por outra banda, tamén se realizou unha mesa de debate na que o eixo central foron as oportunidades e retos para a innovación dentro das empresas de ámbito local.
Este ano o InnovAmes contou coa presenza de máis de 20 empresas: Sistemius, Karbonius, Silvereira, Encesu, Placein, We Robot, Ficcion Produciones, Clun, Nanogap, Emotional Light, Codery, Impulsa Dixital, CartoGalicia, Bahía Software, Nortigalia, Biostatech, Brios.tech, Ojoalvatio, Iluminaciones Santiaguesas, Conic Vascular, Sinerxia e o Centro de Formación do Concello de Ames. Ademais, a Cadena Ser volveu a realizar para realizar un programa en directo nesta xornada de innovación.
Como dixemos, o espazo de Coworking A proa tamén estivo representado neste InnovAmes coa participación de: Laura Iglesias (da empresa Livvdans), Paz González e Marisa Dequidt (empresa Avelaiñas), Marcos Estévez (empresa Amonte), Fátima Juncal (Recursos Humanos) e José Dieguez (Mundo Conexión). Ademais, participaron as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, os centros educativos amesáns de Agro do Muíño e Barouta e alumnado do IES do Milladoiro.
Ao longo de toda a mañá desenvolvéronse diferentes obradoiros nos que puido participar o alumnado asistente á xornada, coma un obradoiro de robótica educativa, outro de Realidade Virtual, creación de ecosistemas ou un para a creación de bombas de sementes. O InnovAmes deste ano pechouse ao mediodía cunha actuación musical por parte de João Paiva.
Nesta terceira edición do Premio InnovAmes para proxectos educativos, participou alumnado do CEIP de Barouta, CEIP Agro do Muíño, con dous proxectos, e alumnos e alumnas do IES do Milladoiro. Por terceiro ano consecutivo, o CEIP de Barouta volveu a conseguir o primeiro premio de 1.500 euros. Desta volta coa presentación do proxecto Petiscapp, unha aplicación relacionada coa alimentación saudable. O segundo premio, cunha contía económica de 1.250 euros foi para o IES do Milladoiro co proxecto Xogando coa probabilidade e a Estatística. O terceiro posto, foi para o alumnado de 5º curso do CEIP Agro do Muíño con O Mundo Submarino, que recibiu unha contía de 1.000 euros. O cuarto premio, de 750 euros, foi para o alumnado de 6º de primaria de Agro do Muíño con Aprendemos Xeometría coa Impresora 3D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?