Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma do sistema sanitario público galego, TELEA, será exportada a Suecia e Italia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma do sistema sanitario público galego, TELEA, será exportada a Suecia e Italia

S. P.
Publicado: 10/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telea.jpgA plataforma galega de teleasistencia domiciliaria TELEA do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) será exportada a catro rexións de Suecia e de Italia. Así o anunciou a técnica da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Carmen Orosa, e o coordinador do Nodo de innovación do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, Daniel Simón, que asistiron en Liubliana (Eslovenia) á xuntanza anual que organizan os socios do proxecto europeo Joint Action Transfer of Best Practices in Primary Care (CIRCE), onde exhibiron e puxeron en valor a plataforma do sistema sanitario público galego.
O obxectivo do proxecto europeo CIRCE é a transferencia de seis boas prácticas dos servizos de atención primaria de España, Bélxica, Portugal e Eslovenia para seren implantados noutros 12 países membros.
Así, o sistema galego de teleasistencia TELEA será pilotado en catro rexións europeas: en Norrbotten, Suecia; e no Piemonte, Teramo, Emilia-Romagna, en Italia. Durante os días 5 e 6 de marzo, representantes do proxecto CIRCE participaron nas xornadas informativas nas que os países propietarios das boas prácticas e os seus respectivos implementadores abordaron as principais características das pilotaxes, así como aqueles cambios que executarán sobre as prácticas orixinais, de acordo ao sector poboacional ao que vai dirixida, o número de doentes implicados, a localización e duración da pilotaxe.
Os representantes do Servizo Galego de Saúde e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) compartiron coas rexións as súas impresións sobre os métodos de avaliación para medir o impacto dos proxectos e a súa sustentabilidade, así como outros factores claves para acadar o éxito na posta en marcha destes programas.
A segunda das xornadas continuou coa presentación das tarefas que se van realizar no proceso de transferencia, implementación, reforzo de capacidades e sustentabilidade.
A reunión presencial de CIRCE-JA permitiu analizar as actividades realizadas durante o último ano da Joint Action CIRCE e tamén reforzar a cooperación e o diálogo entre as rexións participantes.
Para rematar, sinalar que se xerou un espazo para programar as liñas de traballo ata o fin dos proxectos para garantir a efectiva implementación das 6 boas prácticas nos sistemas sanitarios das rexións piloto e así reforzar a atención primaria nos estados membros participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?