Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone comercializa Ledone, a baliza conectada de Erum Vial para automóbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone comercializa Ledone, a baliza conectada de Erum Vial para automóbiles

S. P.
Publicado: 10/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone_ledone.jpgErum Vial, empresa especializada en seguridade viaria do Grupo Erum, e Vodafone España asinaron un acordo de colaboración para comercializar a baliza V16 conectada Ledone Connected, homologada pola DXT para cumprir a normativa que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026 e xa se pode utilizar substituíndo aos triángulos de emerxencia.
Trátase dun dispositivo V16 conectado, fabricada en España mediante ecodiseño e con plástico reciclado, compatible con calquera tipo de vehículos, incluídos os vehículos comerciais con barras no teito. Inclúe dobre sistema de fixación, magnético e adhesivo, que permite ser instalada facilmente no teito de calquera vehículo, xa sexa de aceiro, fibra, plástico, lona ou aluminio.
O dispositivo está dispoñible xa nas canles habituais de Vodafone para todos os condutores e o seu prezo de lanzamento é de 49,95€ (IVE incluído). Con pago a prazos, os clientes que o desexen poden adquirilo en cotas de 2,08€/mes durante 24 meses. Este prezo inclúe a conectividade ata 2038.
Jesús Suso, director de Vodafone Empresas, comentou: “Estamos comprometidos con ofrecer solucións tecnolóxicas innovadoras que salven vidas e melloren a seguridade viaria nas nosas estradas. A comercialización da baliza Ledone Connected non só reforza este compromiso, senón que tamén nos permite liderar a adopción de dispositivos sostibles e conectados a través da nosa rede NB-IoT, o que a converte nunha solución pioneira para condutores e empresas”.
Características destacadas da luz de emerxencia
1. Conectividade: Conexión incluída ata 2038. Conecta de maneira anónima, mediante Narrow Band IoT (Internet das Cousas) de Vodafone, coa DXT en caso de incidencia. Incluída no prezo de compra.
2. Compromiso Sostible: Fabricada mediante ecodiseño (ISO 14006), tendo en conta todo o ciclo de vida do produto e cun 82% de contido en plástico reciclado (UNE 15343).
3. Visibilidade asegurada: Ao ser máis alta, garante unha visibilidade desde calquera ángulo, en vehículos con barras laterais e en condicións meteorolóxicas desfavorables como a neve.
4. Uso doado: Coa súa base magnética e a opción adhesiva, instálase fácil e rapidamente en calquera superficie metálica ou plástica.
5. Deseñada e fabricada en España, en Alcoy, Alacante.
6. Inclúe unha aplicación móbil coa que, entre moitas outras funcións, pódese comunicar coa aseguradora para mellorar o servizo de teleasistencia. ISO 27001 para protexer a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade da información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?