Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desenvolvedores galegos participantes na FOSDEM compartirán a súa experiencia en A Industriosa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Desenvolvedores galegos participantes na FOSDEM compartirán a súa experiencia en A Industriosa

S. P.
Publicado: 10/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galegos_na_fosdem_industriosa.jpgO evento FOSDEM (Free and Open Source Software Developers’ European Meeting) que se celebra dende hai cinco lustros en Bruxelas (e que é unha das citas máis relevantes sobre proxectos de código aberto de cantas se celebran no mundo e que na súa última edición reunión máis de 8.000 persoas cun programa de arredor de 1.000 charlas), foi ser tamén un evento galego.
Isto foi posible grazas á participación este ano dun notable equipo de desenvolvedores galegos, abandeirados do software libre e das tecnoloxías participativas e argalleiras que van poder contar a súa experiencia en A Industriosa (Vigo), onde terán a oportunidade de mostrar cadanseus traballos locais e, tamén, globais. A cita será o 22 de marzo en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, na sede do laboratorio tecnolóxico cidadán A Industriosa no 38 da avenida Gregorio Espino de Vigo. A entrada é de balde, pero é necesario rexistrarse en Meetup para reservar a praza.
A xornada contará coa participación de José María Casanova (Igalia), que falará de Optimización do motor de gráficos da Raspberry Pi; David de la Iglesia (Mozilla), que debullará a cuestión da Blueprint: ferramenta para desenvolver IA de código aberto; Sam Thursfield (Codethink), que introducirá aos presentes no Testing automatizado en distribucións Linux; Santiago Saavedra (GPUL A Coruña), que falará de Desenvolvemento dun cargador intelixente para vehículos eléctricos; e de Xabier Crespo (SC Robotics), que achegará o relatorio Impacto das novas linguaxes de programación nos sistemas con menos recursos.
Será, en palabras de A Industriosa, unha “gran oportunidade de coñecer de primeira man o que presentaron estes desenvolvedores os pasados 1 e 2 de febreiro nun dos eventos máis importantes do mundo sobre software libre e código aberto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?