Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ponte… nas Ondas! prepara un maratón de podcast para conmemorar o seu 30 aniversario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ponte… nas Ondas! prepara un maratón de podcast para conmemorar o seu 30 aniversario

S. P.
Publicado: 11/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ponte_nas_ondas_imaxe_-_presentacion_30_aniversario_pno_.jpgA Asociación Cultural e Pedagóxica, Ponte… nas Ondas! (PNO!) prepárase para celebrar o seu 30 aniversario desde diferentes puntos de Galicia e norte de Portugal. A asociación, que é ONG consultora de patrimonio inmaterial para a UNESCO, terá en Compostela un dos seus puntos de emisión, desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e farao cunha xornada de podcast escolare na que a música popular e tradicional e os oficios artesanais terán un papel protagonista.
Serán seis centros de Santiago e da comarca os que participarán nesta xornada que contará coa actuación do grupo De Vacas así como da banda Astarot e o compositor Pablo Seoane. A xornalista Tereixa Navaza tamén participará nunha xornada de cinco horas de radio escolar na que tamén haberá lugar para outras formas de patrimonio inmaterial: o traxe tradicional e a ourivería.
imaxe_-_rolda_de_prensa_de_presentacion_do_30_aniversario_pno_.jpgAsí, a Asociación do Traxe Galego que cumpre tamén neste 2025 as súas tres décadas de historia achegará algunhas das peculiaridades das vestimentas tradicionais galegas e a Asociación Ourives de Compostela levará a historia dos prateiros e acibecheiros que, durante séculos, desempeñaron un papel fundamental no desenvolvemento de Compostela.
Na xornada tamén serán reivindicados os saberes da parroquia da Lavacolla que abordará nunha sesión a Asociación de Mulleres Rurais da Sabugueira, na que tamén haberá momento para escoitar as músicas populares doutras zonas, como do concello de Ordes, a través das recollidas de Gustav Henningsen na década de 1960 e contará coa actuación do grupo de Cantareiras do Xulián Magariños (Negreira).
O programa, que será emitido en directo a través da web escolasnasondas.org, estará conducido polas presentadoras do podcast O Faiado e nel participarán o CEIP de Vite, o IES do Milladoiro e IES Xulián Magariños de Negreira, o CEIP Plurilingüe da Ramallosa, CEIP Plurilingüe A Igrexa Calo, CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei, IES Ordes e dous grupos de estudantes que están a traballar na actualidade en dous podcasts de recente creación, Bocazas con Encanto e Morriñan Podcast.
ponte_nas_ondas_imaxe_-_presentacion_nos_estudos_de_radio_do_30_aniversario_pno_.jpg A xornada foi presentada este luns na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Na presentación participaron a vicedecana da facultade, Alba Silva; o director de AGADIC, Xacobo Sutil; a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández; o presidente de Ponte… nas Ondas!, Santiago Veloso; e tamén de PNO!, o responsable da organización do acto en Compostela, José Manuel Diego.
Máis de 60 centros educativos en toda Galicia
Máis de 60 centros educativos das tres etapas formativas, primaria, secundaria e universitaria participarán directamente na programación de mañá do do día 26 de marzo, realizando programas de radio en directo, coa participación de persoas portadoras do PCI, artistas convidados/as e conexións con radios profesionais.
Desde a Costa da Morte (Vimianzo, Auditorio Municipal), Lugo (Auditorio Fuxan os Ventos), Santiago de Compostela (Facultade de Cinecias da Comunicación), Pontevedra (Pazo da Cultura), Ourense (Auditorio Marie Curie da Facultade de Educación), Vigo (Auditorio do Ed. Miralles), Valença do Minho (Alfândega) e Lisboa (Instituto Ginés de los Ríos), emitirase unha programación de 4 horas en directo desde cada un dos estudios e auditorios. Esta retransmisión “radiovisual” poderá seguirse en directo desde a web de PNO e o portal Escolas nas Ondas. En toda a programación haberá unha ampla e diversa participación de portadores do patrimonio cultural inmaterial, desde redeiras, oleiros, contadores, regueifeiros… que serán entrevistados e realizarán en directo demostración dos seus saberes.
Ademais, artistas galegos e portugueses participarán en directo con actuacións e entrevistas. Estrearanse composicións expresamente elaboradas para este 30 aniversario. Xornalistas de diversos medios enviarán testemuños de apoio á experiencia de comunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?