Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG e a Fundación Camilo José Cela poñen na Rede parte do epistolario galego recibido polo autor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG e a Fundación Camilo José Cela poñen na Rede parte do epistolario galego recibido polo autor

S. P.
Publicado: 11/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

camilo_jose_cela.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación Camilo José Cela veñen de dar un paso conxunto e definitivo para compartir boa parte do epistolario galego recibo polo autor de Iria Flavia (Padrón). Son 231 cartas recibidas polo premio Nobel, Camilo José Cela, con boa parte dos autores máis significados da cultura do país na segunda metade do século XX. A dixitalización e posta a disposición pública do fondo destas cartas presentouse este martes 11 de marzo na sede da Fundación Pública Camilo José Cela.
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, salientou a “ampla e tupida rede de relacións de diverso tipo que mantivo coa sociedade galega, tanto no tecido da intelectualidade galeguista e académica en sentido máis amplo, coma noutros ámbitos”.
Pola súa banda, o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, destacou que este arquivo agora compartido permitirá “coñecer máis de cerca o sentimento de galeguidade do Premio Nobel”.
Pola súa parte, Covadonga Rodríguez, directora-xerente da fundación que custodia o legado do autor, lembrou que se trata dunha primeira fase do inxente fondo epistolar que se conserva.
As cartas xa están dispoñibles para consulta desde o sitio web do CCG.
Nesta primeira fase póñense a disposición da cidadanía 231 epístolas procedentes dunha trintena de autores. Destacan as abondosas cartas con Celso Emilio Ferreiro, embaixador da revista Papeles de Son Armadáns en Galicia; con Isaac Díaz Pardo; coa Fundación Rosalía de Castro, así como as relacionadas coa tradución ao galego de La familia de Pascual Duarte entre as que se inclúe o manuscrito do prólogo de Otero Pedrayo e as misivas sobre a tradución que realizou Vicente Risco; ou as cartas co seu gran amigo, o escritor, xornalista e guionista, Mariano Rodríguez Tudela.
20250311_covadongarodri_guezrosarioalvarezanxolorenzo2.jpgAs entidades sinalaron que aínda queda moito epistolario por desvelar neste espazo web que irá medrando coa colaboración das distintas entidades, autores, intelectuais e artistas galegos cos que Cela mantivo relación e que permite coñecer máis de preto o sentimento de galeguidade que acompañou ao premio Nobel ao longo da súa vida e obra.
Anxo Lorenzo destacou a importancia desta iniciativa “para poñer en valor outras facetas do escritor máis alá da súa obra literaria e achegarnos á súa figura a través do contacto que mantivo cos persoeiros da intelectualidade galega do momento”. Deste xeito, engadiu, “teño o convencemento de que será un portal de referencia para coñecer máis de cerca o sentimento de galeguidade do Premio Nobel”.
“A súa obra zumega Galicia. En primeiro lugar, coas súas novelas ambientadas na terra galega; en segundo lugar, cos milleiros de personaxes galegos que aparecen nas súas obras e, en terceiro lugar, coas súas excepcionais obras de bibliófilo de afamados ilustradores e pintores galegos” asegura Covadonga Rodríguez no artigo contextualizador que se inclúe co epistolario.
A presentación deste espazo é froito dun protocolo de colaboración que o CCG e a Consellería de Cultura asinaron en 2018 para a dixitalización do fondo epistolar do escritor padronés relativo á súa correspondencia con intelectuais galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?