Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase un sistema pioneiro para a dixitalización de viñedos no Ribeiro, apoiado pola Deputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase un sistema pioneiro para a dixitalización de viñedos no Ribeiro, apoiado pola Deputación

S. P.
Publicado: 11/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_dixitalizacion_vinedos_2.jpgEste martes 11 de marzo presentouse en Beade e Ribadavia un sistema pioneiro de dixitalización de viñedos no Ribeiro, unha tecnoloxía subvencionada pola Deputación con 20.000 euros no marco das axudas destinadas á promoción do viño no conxunto da provincia, que neste mandato actual ascenden a máis de 200.000 euros de investimento para diversas actividades. Na cita participou o presidente da institución provincial, Luis Menor, quen cualificou o proxecto de “salto cualitativo” para o sector, para a comarca e para a provincia.
O proxecto, explicaron, permitirá ao Consello Regulador dispoñer de distintas aplicacións conectadas a unha única base de datos central, que vinculará tódolos procesos dixitalizados e será ampliable a medida que a D.O desexa abrir servizos a viticultores e bodegas. Un dos obxectivos é “simplificar os procesos actuais e favorecer a disposición da máxima información posible das parcelas, mesmo das abandonadas, nun único sistema”. Ademais, esta nova ferramenta “permitirá maiores facilidades na cesión, o alugueiro ou a compra de terreos para os viticultores, xa que se trata de tecnoloxía de vangarda que ofrece unha visualización das parcelas óptima”.
foto_dixitalizacion_vinedos_3.jpgDurante a presentación no Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o presidente provincial aproveitou para poñer en valor a “cooperación” como a senda a seguir dende a Deputación, para que sectores coma o do viño dean “un salto cualitativo” con ferramentas novidosas coma a que se estrea, “pioneira en Galicia”, resaltou.
O presidente provincial, acompañado pola presidenta do Consello Regulador do Ribeiro, Concepción Iglesias; alcaldes da zona, viticultores e bodegueiros, percorreron viñas en Barxalonga, Beade, onde o responsable informático, Antoni Antés, explicou aos asistentes o funcionamento desta aplicación dixital, que é a primeira vez que se implanta nunha denominación de orixe galega, tralo seu éxito en zonas vinícolas de Cataluña. Despois de probar a aplicación sobre terreo, os asistentes reuníronse na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, onde Luis Menor sinalou o apoio da Deputación ao sector vinícola, “unha das actividades económicas estratéxicas da nosa provincia”. O presidente provincial destacou os beneficios que suporá esta nova ferramenta para os profesionais do sector e a “aposta pola modernidade e o progreso” que supoñen esta e outras iniciativas, nunha zona histórica como O Ribeiro, da man do Consello Regulador.
foto_dixitalizacion_vinedos_1.jpg A presidenta do Consello Regulador da D.O Ribeiro, Concepción Iglesias, amosou o seu agradecemento á Deputación de Ourense por subvencionar este sistema. Iglesias destacou as “dificultades” que supón dixitalizar unha zona vinícola coma O Ribeiro, sinalando que son “máis de 17.000 parcelas as que se beneficiarán desta ferramenta”. Salientou tamén que este proxecto dixitalizador do rexistro vinícola vai permitir xestionar información actualizada de todas esas parcelas, facilitando a modernización do sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?