Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA porá en marcha unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA porá en marcha unha oficina virtual para a asistencia remota a vítimas de delitos

S. P.
Publicado: 12/03/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xulgados-5.jpgA Xunta, a través de AMTEGA, porá en marcha este ano unha oficina virtual de asistencia ás vítimas de delitos, que, segundo informou a axencia, permitiralles contactar a través de vídeoconferencia cos equipos de profesionais que atenden estes centros. O obxectivo desta iniciativa é “ampliar o servizo que ofrecen actualmente as 7 oficinas de asistencia a vítima e facilitar unha atención personalizada e continua”. Ademais, activarase un espazo web con toda a información sobre os servizos destes centros para ampliar a súa difusión entre a sociedade.
A devandita é unha das iniciativas do III Plan Tecnolóxico da Administración de Xustiza en Galicia. Senda 2025, que durante o pasado ano dotou as oficinas de asistencia á vítima dun sistema de información, adaptado ás necesidades e requirimentos dos psicólogos e traballadores sociais que traballan nelas, que permitiu rexistrar preto de 1.200 expedientes e facilita a atención e o seguimento das persoas.
Ao abeiro do plan procederase tamén á renovación da plataforma de gravación de vistas. Así, a nova versión do sistema eFidelius incorporará actualizacións tecnolóxicas e novas funcionalidades que farán o seu uso máis sinxelo e reforzarán a seguridade. En 2024 a plataforma realizou máis de 114.000 gravacións, un 19 % máis que en 2023.
O achegamento da vía telemática á cidadanía é outro dos obxectivos da dixitalización da Xustiza, no que a sede electrónica xudicial ten un papel destacado. En 2024 os galegos e galegas presentaron máis de 20.300 escritos a través desta sede, preto dun 50 % máis que o ano anterior. En 2025 ampliaranse as funcionalidades da sede xudicial e está prevista a publicación de novas versións, tanto da sede electrónica xudicial como do portal xustiza.gal.
Ademais, o plan avanza na consolidación do Expediente Xudicial Electrónico, no que máis de 3.200 profesionais entre xuíces, maxistrados, letrados, fiscais e persoal do IMELGA e dos Rexistros poden acceder a máis de 3,4 millóns de procedementos, que inclúen tanto documentos como gravacións de vistas. Amais, en 2025 implantarase un novo visor do expediente xudicial electrónico, un explorador que permitirá acceder e traballar cos documentos dunha forma máis intuitiva e eficiente”, informou a axencia AMTEGA, engadindo que a sinatura dixital incrementouse un 14 % en 2024, acadando os 4,5 millóns de asinados online: “Durante o 2024 ampliouse nun 33 % o número de persoas que dispoñen de acceso ao escritorio remoto, o que supón que 2.563 profesionais do eido xudicial poden teletraballar ou realizar o seu traballo en mobilidade”, apunta a axencia, lembrando que este ano rematará a implantación do novo modelo de rexistro civil, baseado na tramitación integramente electrónica, co que xa traballan 31 partidos xudiciais e 189 oficinas colaboradoras. En 2024 avanzouse na dixitalización dos libros de inscricións de nacementos, matrimonios e defuncións dos rexistros civís e xulgados de paz desde 1950.
Ademais, no balance de incorporacións á Xustiza dixital galega sinálase que o pasado ano despregáronse redes para a conexión Wi-Fi segura na práctica totalidade das salas de vistas e audiencias de xulgados galegos e dotouse de equipamento dixital a 20 salas de declaracións, conciliación ou multipropósito e a 5 salas “amables” (espazos para facilitar a participación nas vistas de persoas en risco).
A capacitación é unha das liñas de actuación do Plan para acompañar aos profesionais da Xustiza en todo o proceso e en 2024 realizáronse máis de 3.300 horas de formación.
Durante 2025 levaranse a cabo as accións necesarias para dar resposta á Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servicio Público de Xustiza.
Todas estas actuacións enmárcanse no III Plan Tecnolóxico da Administración da Xustiza en Galicia. Senda 2025, que busca a consolidación dixital da Xustiza, para “facela máis próxima á cidadanía e ofrecer uns servizos máis personalizados e adaptados ás súas necesidades”, sinala AMTEGA, concluíndo que o plan conta cun investimento de 43 millóns de euros en cinco anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?