Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Case 7.500 estudantes de Bacharelato preséntanse ás probas de competencia dixital da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Case 7.500 estudantes de Bacharelato preséntanse ás probas de competencia dixital da Xunta

S. P.
Publicado: 12/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

judith_pontepedrina_250312_dixital_x-1.jpgA Consellería de Educación confirmou que preto duns 7.500 alumnos de 2º curso de Bacharelato de toda Galicia realizan estes días nos seus respectivos centros as probas de competencia dixital impulsadas pola Xunta co “obxectivo de que certifiquen o seu nivel de coñecemento e destreza neste eido”. A Consellería engade que esta iniciativa está aliñada co obxectivo da UE de acadar que en 2030 un mínimo do 80% da poboación conte con competencias dixitais.
Apunta tamén que a finalidade destas acreditacións é “garantir a axeitada formación e preparación do alumnado e dos docentes para afrontar os novos retos da sociedade, enmarcado na Estratexia EduDixital 2030 que fomenta un modelo de aprendizaxe híbrido en Galicia, onde o dixital e o analóxico conviven e se complementan ao longo do ensino”.
Estes e outros datos foron compartidos este 12 de marzo pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, durante unha visita ao Instituto IES Pontepedriña destinada a supervisar a realización destas probas por parte do alumnado deste centro compostelá, onde salientou que a meirande parte dos alumnos que se presentan, supéraas, “acadando así esta certificación moi relevante para a procura dun emprego no futuro, de acordo co marco normativo establecido en toda Europa”. Sinalou que o curso pasado, o primeiro que se poñía en marcha este sistema, lograron acreditar o B2 completo un total de 6.264 estudantes de Bacharelato, o 91% dos presentados.
A directora xeral tamén recordou que Galicia é “a primeira comunidade autónoma en habilitar un sistema específico de acreditación de competencias dixitais para o ensino, procedemento que se puxo en marcha por primeira vez o pasado curso e que beneficia tanto ao profesorado como aos estudantes”. Grazas a el, sinalou, “todo o alumnado que remata a ESO obtén automaticamente o nivel A2 de iniciación en competencias dixitais, mentres que o que remata Bacharelato obtén o B2 parcial, o que representa o nivel mínimo determinado polos currículos”. A maiores, ofrécese unha proba (como a que están realizando os alumnos do Instituto de Pontepedriña) para que os estudantes poidan demostrar un nivel superior en base aos coñecementos adquiridos.
O desenvolvemento das probas para acreditar o nivel intermedio consiste en superar cinco áreas: procura e xestión de información e datos, comunicación e colaboración, creación de contidos dixitais, seguridade e resolución de problemas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?