A IA Nexus Business Vigo celebra este xoves 13 de marzo no Consorcio da Zona Franca de Vigo o foro A IA, o teu socio estratéxico, un evento informativo que busca achega ás empresas as ferramentas, o coñecemento e a confianza que precisan para empregar a Intelixencia Artificial e transformar os seus negocios. Esta cita vai, dirixida a empresas de formación IA, consultorías de IA, institucións empresariais, holdings tecnolóxicos e empresas tecnolóxicas, foi inaugurada a primeira hora polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, quen destacou o compromiso da Xunta cunha IA que “impulse o desenvolvemento da industria galega”.
Nesta liña, recordou que no mes de xaneiro publicáronse as bases que regulan as axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da IA co obxectivo de mellorar a actividade económica e industrial das empresas e a súa competitividade, así como integrar a intelixencia artificial nas súas cadeas de valor. Durante a súa intervención, Corgos trasladou o seu convencemento de que no proceso de adaptación da economía a unha nova realidade condicionada pola IA e o resto de tecnoloxías de alto impacto, “Vigo e a súa industria serán esenciais”.
O titular de Facenda tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta co desenvolvemento dunha IA de vangarda a través de iniciativas que axuden a desenvolver esta tecnoloxía, como a instalación na comunidade de contornas de probas para garantir a calidade dos sistemas, a súa seguridade e o seu respecto polos dereitos das persoas. Como “proba deste papel facilitador e regulador”, lembrou que Galicia foi “a primeira rexión de Europa en presentar un proxecto de lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial, unha norma que non só regulará o seu uso na Administración e nos servizos públicos, senón que tamén establece os mecanismos de promoción e apoio á implantación de sistemas de IA por parte das empresas”, comentou.
Na cita de Vigo tamén participou arreo o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño, que interveu na mesa redonda sobre A Intelixencia Artificial como oportunidade de desenvolvemento industrial destacando a importancia da Lei para o desenvolvemento e impulso deste tipo de tecnoloxías disruptivas en Galicia que debate o Parlamento e resaltando que a lei prevé medidas de carácter económico e fiscal para as empresas, o fomento da investigación e a innovación, así como medidas de formación e capacitación.
Miguel Corgos e Julián Cerviño debullan a transformación industrial galega no foro de IA Nexus Business Vigo
Compartir Este Artigo

