Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira xa conta cunha oficina Es.Mar, que dará servizo de dixitalización a nove concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira xa conta cunha oficina Es.Mar, que dará servizo de dixitalización a nove concellos

S. P.
Publicado: 13/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inauguracion_oficina_esmar_3.jpgO conselleiro do Mar, Alfonso Villares, inaugurou este xoves 13 de marzo en Ribeira a sexta das sete oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia, que o Goberno galego está a despregar por todo o litoral da comunidade, destinadas a axudar ao conxunto da cadea mar-industria a sacar o máximo aproveitamento dos recursos do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).
Segundo fixo saber o conselleiro, as dependencias ribeirenses serán o centro neurálxico do apoio que prestarán á area de influencia formada por outros nove concellos: Carnota, Cee, Muros, Noia, Rianxo, Boiro, Pobra do Caramiñal, Outes e Porto do Son. Neste senso, Villares lembrou a relevancia do peirao de Ribeira, que “destaca pola súa proxección internacional como o principal porto de baixura en toda Europa”.
Villares engadiu que o novo servizo funcionará “como catalizador dos proxectos do sector marítimo-pesqueiro desta zona costeira, de cara a aumentar a competitividade empresarial, a modernización e a transformación da actividade que leva aparellada, así como a internacionalización e a eficiencia operativa”; o que repercutirá, explicou Villares, “nun incremento das comunidades costeiras locais, na creación de emprego e, por tanto, nun aumento do PIB de Galicia”.
A oficina da Ribeira, ao igual as outras seis, conta cun equipo especializado para rendibilizar as axudas ao abeiro do FEMPA, incrementando a súa visibilidade e divulgación, acceso ás mesmas e estreitando os lazos coas empresas e entidades adscritas ao sector pesqueiro. Baixo a supervisión de expertos na materia, nela desenvolveranse de forma paralela ao asesoramento, obradoiros ou actividades de formación tanto presenciais, como de forma telemática.
Así, neste caso concreto, os seminarios xirarán ao redor das seguinte temática: comercio electrónico, relevo xeracional, dixitalización do sector, emprendemento e mellora dos negocios existentes, optimización financeira e mellora da xestión empresarial. En definitiva, porá a disposición dos profesionais do mar as estratexias necesarias para garantir a viabilidade da súa actividade dende a perspectiva que rexe a economía azul e a de todos os axentes que nela operan. Esta oficina súmase as de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ferrol, A Coruña e nos vindeiros días a de Viveiro, abarcando así o conxunto do litoral galego. A Xunta inviste máis de 1,8 millóns de euros na súa posta en funcionamento.
inauguracion_oficina_esmar_ribeira_1.jpgEsta rede forma parte do paquete de medidas posto en marcha polo Goberno galego para acadar un maior aproveitamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. Entre elas tamén destacan accións como a ampliación dos recursos humanos, reprogramacións das medidas ou a simplificación das convocatorias, coas cales mitigar os obstáculos aos que se enfronta a pesca galega á hora de acceder a estes recursos debido á lexislación complexa e confusa do fondo que deriva nun atraso xeneralizado da tramitación e a incoherencia entre os prazos temporais administrativos cos biolóxicos e operativos do sector.
Como dixemos, as oficinas Es.Mar prestarán un servizo híbrido -con oficinas físicas e unha virtual- o que permitirá ofrecer unha atención particularizada ás necesidades de cada potencial beneficiario do FEMPA. Nestes espazos ofrecerase información sobre os investimentos amparados polo fondo, asesoramento na execución das actuacións financiadas así como no ámbito da competitividade empresarial. Cada oficina conta cun equipo especializado e con experiencia previa en contratación pública para enfrontar con solvencia o reto de incrementar as axudas concedidas e fortalecer o grao de diálogo co sector e o tecido empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?