Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Polo Aeroespacial de Galicia reivindícase no Foro Transfiere como motor de innovación e crecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Polo Aeroespacial de Galicia reivindícase no Foro Transfiere como motor de innovación e crecemento

S. P.
Publicado: 14/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250313_dxeisetransfiere2025_1.jpgA directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia, Margarita Ardao, destacou no Foro Transfiere de Málaga, este xoves 13 de marzo, o impacto do Polo Aeroespacial de Galicia como “motor de innovación, competitividade e crecemento económico para as empresas e centros de coñecemento da Comunidade”.
Ardao referiuse aos efectos do Polo Aeroespacial nunha mesa redonda sobre a creación de riqueza nos territorios a través da innovación na que tamén participaron Eduardo Pereira, xerente do Parque Tecnolóxico de Fuerteventura; José Manuel Colodrás, xefe de servizos de I+D da Policía Nacional; e Verónica de Mata, responsable de Compra Pública de Innovación no Instituto Nacional de Ciberseguridade. A directora xeral destacou que “a iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta e desenvolvida a través da colaboración público-privada, ten posicionado a Galicia como referente no sector aeronáutico e aeroespacial, con especial foco no segmento dos sistemas non tripulados, fomentando a competitividade e a transferencia tecnolóxica e atraendo á rexión ás principais compañías do sector”.
20250313_dxeisetranfiere2025_3.jpgA participación en Transfiere Málaga, Foro para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, que este ano celebra a súa décimo cuarta edición, é dun dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia de coñecemento de Europa e reúne a profesionais, empresas, institucións e administracións públicas. Intelixencia artificial, defensa e seguridade son os eixos clave desta edición.
No marco de Transfiere Málaga, a directora xeral asistiu ademais á presentación de APTE TOP 100 Startups 2024, a clasificación das 100 mellores novas firmas innovadoras (startups) elaborado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España, no que foron recoñecidas dúas empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole: Coinscrap Finance e Madera Plus Calidad Forestal. O obxectivo de APTE con este recoñecemento ás 100 startups máis destacadas dos parques científicos e tecnolóxicos españois é poñer de relevo a calidade e capacidade emprendedora que se desenvolve nestas contornas, así como facilitar o coñecemento destas empresas a posibles entidades investidoras interesadas en proxectos cun alto potencial de crecemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?